David Soto Sánchez, nado en Ourense o 16 de outubro de 1993, é un futbolista galego que xoga na demarcación de defensa. Dende 2023 milita no Compostela, da Segunda División RFEF.
Traxectoria Comezou a xogar ao fútbol no Pabellón da súa cidade natal e con 11 anos entrou na canteira do Celta de Vigo. Pasou polas distintas categorías inferiores e na última xornada da tempada 2009/10 debutou co Celta de Vigo B na Segunda División B, nun partido ante a Cultural Leonesa no que entrou nos minutos finais como substituto de Kevin Vázquez. Na seguinte campaña debutou co primeiro equipo na Segunda División, no partido disputado o 5 de xuño de 2011 contra o FC Cartagena, correspondente á última xornada de liga.
Foi o seu único partido co primeiro equipo, pois pasou os seguintes catro anos no filial celeste, co que viviu un descenso a Terceira e un ascenso de novo a Segunda B. En 2015 fichou polo Almería B, co que disputou só 12 partidos. Co descenso do equipo andaluz á Terceira División marchou para o Boiro, e tras ser descendido este club administrativamente, fichou polo Cerceda, co que sumaría un terceiro descenso consecutivo. En 2018 incorporouse ao Lorca, en Terceira División, e na tempada seguinte fichou polo Compostela, equipo co que logrou ao final da tempada o ascenso á Segunda B.
Despois dunha segunda tempada en Santiago, en 2021 asinou co Pontevedra. Titular en case todos os encontros do ano, proclamouse campión da Segunda División RFEF, logrando así ascender á Primeira RFEF. Na seguinte campaña foi o segundo xogador do equipo con máis minutos, só por detrás de Miguel Román, pero non puido evitar o equipo do club de novo á Segunda RFEF.
En xuño de 2023 deixou Pontevedra e regresou ao Compostela.
Palmarés Pontevedra Segunda División RFEF (1): 2021/22.
Notas
Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en Ourense Categoría:Futbolistas de Ourense Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores da UD Almería B Categoría:Xogadores do CD Boiro Categoría:Xogadores do CCD Cerceda Categoría:Xogadores do Lorca FC Categoría:Xogadores da SD Compostela Categoría:Xogadores do Pontevedra CF