The xx é unha banda inglesa de indie pop formada en Londres no ano 2008. O grupo publicou o seu álbum de estrea, xx, en agosto do 2009, e o disco apareceu nos primeiros postos dun gran número de listas do mellor dese ano, acadando o número 1 na de The Guardian e o 2 na de NME. No ano 2010 The xx gañou o premio Mercury por xx. O seu segundo trabalo, Coexist, editouse o 10 de setembro de 2012. No ano 2009 actuaron no festival Vigo Transforma.
Discografía xx - 2009 (Young Turks) Coexist - 2012 (Young Turks) I See You - 2017 (Young Turks)
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de Londres Categoría:Grupos musicais de indie pop Categoría:Grupos musicais de dream pop Categoría:Grupos musicais formados en 2008 Categoría:Artistas de XL Recordings