Hervé Bazin, pseudónimo de Jean-Pierre Hervé-Bazin, nado en Angers o 7 de abril de 1911 e finado na mesma cidade o 17 de febreiro de 1996, foi un escritor francés. Foi presidente da Academia Goncourt dende 1973.
Traxectoria Naceu no seo dunha familia burguesa e xa na infancia se opuxo á súa autoritaria nai, fuxindo varias veces na súa adolescencia. Ademais, rexeitou o ensino católico. Cando chegou á maioría de idade, rompeu coa súa familia.
En 1946 fundou a revista poética Le Coquille, da que só saíron oito números. O seu primeiro poemario, Jour, obtivo o premio Apollinaire. Tras publicar varios poemarios decántase pola narrativa por consello de Paul Valéry. A súa primeira novela, Vipère au poing (1948), baséase na relación coa súa nai. A novela tivo un éxito inmenso, ao que seguiron outras, tamén baseadas na súa propia vida e centradas na rebeldía xuvenil e en familias desestruturadas.
Obras Vipère au poing (1948) La Tête contre les murs (1949) La Mort du petit cheval (1949) Lève-toi et marche (1951) Qui j'ose aimer (1955) Au nom du fils (1959) Le Matrimoine (1966) Le Cri de la chouette (1971) Madame Ex (1974)
Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Escritores de Francia Categoría:Nados en Angers