miniatura|right|150px|Velasco Carballo e os seus asistentes no quentamento dun partido de competición europea. miniatura|right|150px|Rubinos Pérez no quentamento dun partido de competición europea. miniatura|right|150px|Mateu Lahoz no quentamento dun partido de competición europea. miniatura|right|150px|Medina Cantalejo, un dos árbitros con máis liderado dos últimos anos. miniatura|right|150px|Mejuto González na homanaxe a Miguel Delibes. miniatura|right|150px|Undiano Mallenco, un dos árbitros con máis partidos do fútbol español. O Comité Técnico de Árbitros (CTA) é un órgano técnico subordinado á Real Federación Española de Fútbol (RFEF), máis concretamente, directamente subordinado ao presidente da RFEF. Encárgase do funcionamento e organización do mundo arbitral español. É tamén o órgano encargado da designación de partidos ou ascensos de categoría dos árbitros, árbitros asistentes, delegados de partido e informadores de fútbol e fútbol sala en categorías nacionais. Así mesmo, é o órgano encargado de comunicar á FIFA a selección dos árbitros e asistentes internacionais en cada tempada.
Historia Este órgano técnico federativo encargado da parcela arbitral, tivo diferentes nomes ao longo dos seus case 100 anos de existencia. Nun primeiro arranque do fútbol en España, o aspecto arbitral viña regulado polas diferentes federacións rexionais que baixo uns criterios subxectivos, designaban aos árbitros e mantiñan a organización arbitral. Nun primeiro momento os partidos eran arbitrados por directivos ou xogadores dos clubs contendentes. Posteriormente pasou ás federacións rexionais, e xa na década de 1920 créase de xeito definitivo un órgano federativo que axunte criterios a nivel estatal español.
Denominacións Foron tres as denominacións coas que se coñeceu ao máximo órgano arbitral do fútbol español. Desde os seus inicios ata o final da Guerra Civil Española denominouse Comité Nacional de Árbitros (CNA). Trala guerra, cambiou a un nome que definía ben a verticalidade do réxime, Comité Central de Árbitros (CCA). Na década de 1960 recuperouse o nome de Comité Nacional de Árbitros (CNA), e en 1993 trala chegada á presidencia de Sánchez Arminio o órgano noméase Comité Técnico de Árbitros (CTA), nome que continúa vixente.
Funcións O Comité Técnico de Árbitros vén regulado nos Estatutos da RFEF no Título VI (Dos órganos da RFEF), Capítulo 4 (Dos órganos técnicos), na súa Sección 1ª (Do Comité Técnico de Árbitros). Posteriormente, este órgano vén desenvolvido máis profundamente no Regulamento Xeral da RFEF.
Encárgase do funcionamento, organización ou designación dos árbitros de fútbol e fútbol sala en categorías nacionais. En fútbol, isto querería dicir que o CTA é o encargado de todo o relativo aos árbitros de Primeira, Segunda e Segunda B. A Terceira división, pese a ser unha categoría inicialmente recoñecida como nacional, é unha categoría mixta, na que se cede a maior parte da regulación ás federacións autonómicas, polo que arbitralmente sucede o mesmo e a súa regulación, salvo algunhas cuestións, queda baixo organización autonómica.
As súas funcións máis básicas seguindo os Estatutos da RFEF, son:
Posteriormente, atopamos desenvolvidas estas disposicións dos Estatutos da RFEF no Regulamento Xeral da RFEF. Aí atopamos desenvolvido o asunto das designacións, as vogalías e a súa acción, a Escola Nacional de Árbitros de Fútbol (ENAF) etc.
Comités autonómicos Outra das funcións do CTA é a de órgano regulador e supervisor dos comités técnicos arbitrais das diferentes federacións autonómicas. Hai 19 comités técnicos autonómicos que son dependentes das súas respectivas federacións e do propio CTA, un por cada comunidade autónoma, ademais de Ceuta e Melilla.
Presidentes A continuación lístanse todos os presidentes deste órgano arbitral desde a súa creación: Alfonso Albéniz Jordana Carlos Dieste Vega Luis Colina Álvarez (1924-26) Antonio de Cárcer y Disdier (1926-28) Luis Iglesias Gracia (xullo de 1928) Julián Ruete Muniesa (setembro de 1928 - novembro de 1928) Alfonso Albéniz Jordana (1928-29) Antonio de Cárcer y Disdier (1930-36) Eulogio Aranguren Labairu (1939-46) Manuel Álvarez Corriols (1946) Emilio Suárez Marcelo (1947) Ramón Echarren Sanzmagaray (1947-48) Pedro Escartín Morán (1948-51) Luis Saura del Pan (1951-52) Arturo López Espinosa (1952) Eulogio Aranguren Labairu (1952-53) Emilio Álvarez Pérez (1953-56) Nivario de la Cruz Hernández (1956-61) Manuel Asensi Martín (1961-67) José Plaza Pedraz (1967-70) José Fernández de la Torre (1970) Juan Francisco Pardo Hidalgo (1971-72) José Plaza Pedraz (1972-1990) Fernando de Andrés Merino (1990) Pedro Sánchez Sanz (1990 - 15/03/1993) Victoriano Sánchez Arminio (15/03/1993 - 23/05/2018)
Trofeo Vicente Acebedo En 2008 instaurouse o Trofeo Vicente Acebedo, que desde a tempada 2007/08 entrégase anualmente por parte da RFEF e baixo os criterios de selección do CTA, aos mellores árbitros e asistentes de cada tempada na Primeira e Segunda División de España.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial CTA na RFEF
Categoría:Organizacións futbolísticas de España Categoría:Árbitros de fútbol de España