Mötley Crüe é unha banda estadounidense de heavy metal formada nos Ánxeles, California en 1981. O grupo foi creado polo baixista Nikki Sixx e o batería Tommy Lee, aos que posteriormente se lles unirían o guitarrista Mick Mars e o vocalista Vince Neil. Mötley Crüe ten vendidos máis de 80 millóns de discos en todo o mundo, 25 deles só nos Estados Unidos.

Os membros da banda adoitan a destacar polos seus estilos de vida hedonistas e as personaxes que interpretan. Todos os membros orixinais tiveron numerosos problemas coa lei, pasaron tempo no cárcere ou sufriron de alcoholismo ou adición a drogas.

Discografía Álbum Ano Selo Too Fast for Love 1981 Leathür Records, Elektra Records Shout at the Devil 1983 Elektra Records Theatre of Pain 1985 Elektra Records Girls, Girls, Girls 1987 Elektra Records Dr. Feelgood 1989 Elektra Records Mötley Crüe 1994 Elektra Records Generation Swine 1997 Elektra Records New Tattoo 2000 Mötley Records, Eleven Seven Records Saints of Los Angeles 2008 Mötley Records, Eleven Seven Records

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais dos Ánxeles Categoría:Grupos musicais de heavy metal Categoría:Grupos musicais de glam metal Categoría:Grupos musicais de hard rock Categoría:Grupos musicais formados en 1981