Justicia foi un semanario editado en Mondoñedo entre 1921 e 1924.
Historia e características Semanario que se publicaba os sábados, apareceu o 25 de xullo de 1921. Foi fundado e dirixido por José Ramón Villamarín Pallín. Cándido Carreiras era o redactor xefe e entre os seus colaboradores figuraron Antonio Noriega Varela, Eduardo Lence-Santar, Xosé Trapero Pardo e Manuel Rivas Seivane. Cesou a súa publicación en xuño de 1924 por desacordos entre os propietarios a causa da adhesión á ditadura de Primo de Rivera.El Ideal Gallego, 2-7-1924, p. 2.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo
Categoría:Prensa escrita de Mondoñedo
Categoría:1921 en Galicia