A fractura de Monteggia é un conxunto de lesións traumáticas caracterizadas pola luxación da articulación radiocubital superior a nivel da cabeza do radio e máis a fractura de cúbito a niveis variábeis. O tratamento xeralmente é ortopédico nos nenos e mediante osteosínteses en adultosG. B. Monteggia. Istituzioni Chirurgiche. Vol 5. Milano, Pirotta & Maspero, 1814..

Recibe o nome en homenaxe a Giovanni Battista Monteggia.

Causas As posíbeis causas que poden levar á fractura-luxación de Monteggia son: Caída co antebrazo en pronación forzada. Golpe directo en situacións de defensa, onde a persoa cóbrese co antebrazo para no ser mancada directamente. Coñécese popularmente como a lesión por bastonazo.

Clasificación Segundo a clasificación de Bado, hai catro graos dependendo do desprazamento da cabeza radialeMedicine: Monteggia Fracture. Grao I ou en extensión (60%) Grao II ou en flexión (15%) Grao III ou tipo lateral (20%) Grao IV ou mixta (5%)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Fractura Giovanni Battista Monteggia Radio (óso) Cúbito Cabeza do radio

Categoría:Fracturas