Manuel Calvelo López, nado en Santiago de Compostela en 1904 e finado na mesma cidade o 31 de decembro de 1936, foi un médico e profesor universitario galego afiliado ao PCE.

Traxectoria Licenciado en medicina pola Universidade de Santiago de Compostela en 1927, casou o 7 de xullo de 1929 coa sindicalista e guerrilleira galega Isabel Ríos, marchando con ela a Los Llanos de Aridane, na illa de La Palma, onde traballou como médico. En 1932 o matrimonio trasladouse a Curtis para ter o seu primeiro fillo, mudáronse ese mesmo ano a Madrid, onde Manuel foi profesor axudante de Xenética na cátedra de Patoloxía Xeral do profesor Roberto Nóvoa Santos. Afiliouse ao Partido Comunista de España en 1936. Tralo alzamento nacional foi detido e trasladado a Curtis o 5 de agosto, xunto con Isabel, ambos foron condenados a morte, Manuel foi fusilado o 31 de decembro, mentres que á súa muller lle conmutaron a pena pola cadea perpetua.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Médicos de Santiago de Compostela Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Fusilados