Draymond Jamal Green, nado o 4 de marzo de 1990 en Saginaw, Míchigan, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Golden State Warriors da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional Golden State Warriors (2012-presente) Tempada 2012-2013 Green foi seleccionado na 35ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Golden State Warriors, e asinou con eles un contrato de tres anos e 2.6 millóns de dólares. No primeiro partido da tempada, o 31 de outubro contra os Phoenix Suns, Green xogou un minuto, capturando un rebote defensivo e facendo unha falta. Co paso dos partidos, foi aumentando o número de minutos de xogo, especialmente coas lesións de Brandon Rush e Richard Jefferson. Green anotou o primeiro punto da súa carreira profesional ó anotar un tiro libre contra os Los Angeles Lakers, na derrota de Golden State por 101-77, o 9 de novembro de 2012.

Tras xogar uns poucos minutos ó comezo da tempada, a mediados de novembro Green tivo preto de 17 minutos por partido en 5 encontros. O 12 de decembro de 2012, Green anotou a bandexa gañadora a 0.9 segundos do remate do partido na vitoria dos Warriors por 97-95 contra os campións da tempada anterior Miami Heat.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com

Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados no condado de Saginaw, Míchigan Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas olímpicos en baloncesto Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2016