EXOS C (Exospheric Satellite C), tamén denominado Ohzora, foi un satélite artificial xaponés lanzado o 14 de febreiro de 1984 mediante un foguete M-3S desde o Centro Espacial de Kagoshima.

Características A misión de EXOS C foi estudar a composición da atmosfera e os mecanismos da interacción entre campos e partículas na ionosfera sobre a anomalía do Atlántico Sur e as zonas aurorais. EXOS C foi inxectado nunha órbita inicial de 865 km de apoxeo e 354 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 74,6 graos e un período de 96,9 minutos. Reentrou na atmosfera o 26 de decembro de 1988.

Instrumentos EXOS C levaba a bordo os seguintes instrumentos:

Radiómetro infravermello para a observación do limbo. Espectrómetro ultravioleta. Espectrómetro solar infravermello. Analizador da enerxía das partículas precipitadas. Radiómetro solar. Sondador de plasma. Sondas de plasma. Monitor de partículas de alta enerxía.

Notas

Véxase tamén Outros artigos EXOS (satélites) EXOS A EXOS B EXOS D

Categoría:Satélites EXOS