EXOS D (Exospheric Satellite D), tamén denominado Akebono, foi un satélite artificial xaponés lanzado o 21 de febreiro de 1989 mediante un foguete M-3S-2 desde o Centro Espacial de Kagoshima.

Características A misión de EXOS D foi estudar as rexións de aceleración por encima das zonas aurorais para mellorar a comprensión do mecanismo de aceleración e a súa relación coas subtormentas. O satélite estabilizábase por rotación, a 7,5 r.p.m. O control de actitude era levado a cabo magneticamente, co eixo da nave apuntando ó Sol. O ordenador de a bordo permitía automatizar a secuencia de toma de datos para unha semana completa. Tiña forma de cilindro octogonal cunhas medidas de 100 cm de alto e 126 cm de longo entre caras, cun par de antenas de 30 m de longo e dous mastros de 5 e 3 m. O centro de control e recepción de telemetría do satélite estaba en Kagoshima, con estacións secundarias en Syowa (Antártida) e Príncipe Alberto (Canadá).

Instrumentos EXOS D levaba a bordo os seguintes instrumentos:

Detectores de campo eléctrico (EFD). Detector de campo magnético (MGF). Detectores de ondas de frecuencia moi baixa (VLF). Detectores de ondas de plasma estimuladas e plasma de alta frecuencia (PWS). Detectores de partículas de baixa enerxía (LEP). Espectrómetro de masas de ións supratermais. Medidor de distribución de velocidades de electróns termais (TED). Televisión para as auroras no visible e no ultravioleta (ATV).

Notas

Véxase tamén Outros artigos EXOS (satélites) EXOS A EXOS B EXOS C

Categoría:Satélites EXOS