As Estrófades (en grego Στροφάδια; en latín Strophades; tamén illas Stamfani; Strivali) son un grupo de dúas pequenas illas de Grecia nas illas Xónicas. Están situadas a uns 44 km ao sur-sueste da illa de Zante. Administrativamente forman parte do municipio de Zante.
A illa máis grande, Stamfani, está habitada por unha soa persoa, un monxe que vive na única edificación da illa, un impresionante mosteiro antigo. A illa máis pequena chámase Arpía. Ningunha das dúas illas, moi rochosas, ten moita vexetación. As illas son propiedade da Igrexa Ortodoxa Grega, que prohibiu a caza. Hai unha gran presenza de aves, entre as que se pode atopar a Pardela cincenta (Calonectris diomedea) e paseriformes migratorias. Tamén hai unha gran migración primaveral de rulas (Streptopelia turtur).
As Estrófades na cultura As illas Estrófades identificábanse co lugar onde habitaban as harpías. Virxilio afirma que as harpías conduciron os troianos desde as Estrófades (Eneida III, 209 ss). As illas tamén se mencionan na Divina Comedia e aparecen no capítulo 10 do Quinto libro de Gargantua e Pantagruel de Rabelais.
De acordo coa lenda, o nome das illas, que quere dicir "illas do retorno", fai referencia a Zetes e Calais, fillos de Bóreas, que viaxaron cos Argonautas. Zetes e Calais libraron a Fineo das harpías: lograron facer fuxir aos monstros pero non os mataron a petición da deusa do arco da vella, Iris, que lles prometeu que as harpías non volverían molestar a Fineo. As harpías foron «devoltas» ás Estrófades por Iris cando querían volver perseguir as criaturas.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Outras illas gregas
Ligazóns externas Important Bird areas of Greece 330px|left
Categoría:Illas de Grecia Categoría:Lugares da mitoloxía grega