O Apóstolo é un filme galego de 2012 dirixido por Fernando Cortizo. É o primeiro filme de animación stop motion en tres dimensións realizado en Europa. O filme foi estreado en 80 salas de toda España. A produción levou catro anos de traballo. O 25 de outubro de 2022, coincidindo co seu 10º aniversario, o propio director publicou a película en Youtube, cunha mensaxe pedindo doazóns e culpando á distribuidora de falta de pagamentos e incumprimento do contrato.

Sinopse Un preso foxe do cárcere para tentar atopar un tesouro agochado vai anos nunha aldea do Camiño de Santiago, pero o que atopa suporalle unha condena maior da que fuxiu. Vellos misteriosos, estrañas desaparicións, trasnos, un cura estraño e o arcipreste de Santiago xúntanse no camiño. Un filme de misterio, humor, animación e invención.

Personaxes Carlos Blanco como Ramón Xosé Manuel Olveira "Pico" como Cesáreo Paul Naschy como Arcipreste Jorge Sanz como Pablo Celso Bugallo como Celso Manuel Manquiña como Salustiano Luís Tosar como Xavier Geraldine Chaplin como Dorinda Víctor Mosqueira como Mozo do Hostal Atilano Franco como Primitivo Jacobo Rey como Doutor Pedro Alonso como Pedro Isabel Blanco como Isabel

Galardóns e nomeamentos miniatura|Fernando Cortizo, director de O Apóstolo nunha entrevista no 2012. Primeiro premio no XI Festival de Cine Español de Marsella (2012) Premio á Mellor Película de Animación no XXII Festival Internacional de cine de animación ANIMAMUNDI (Brasil) (2014)

Premios Mestre Mateo Ano Categoría Receptor Resultado11ª ediciónMellor filmeRosalía Mera e Artefacto Producciones GañadorMellor directorFernando Cortizo GañadorMellor guiónFernando CortizoNomeadoMellor dirección de produciónMarta García GañadoraMellor dirección artísticaMaría Hernanz GañadoraMellor montaxeFernando AlfonsínNomeadoMellor música orixinalXavier Font, Arturo Vaquero e Philip Glass GañadoresMellor sonDavid Machado, Diego S. Staub e Miguel Barbosa GañadoresMellor fotografíaDavid NardiNomeadoMellor deseño de vestiarioValentin DuranthonNomeado

Premios Goya Ano Categoría Resultado2012Mellor filme de animación Candidato

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de filmes en galego con maior recadación Ligazóns externas O Apóstolo en AVG Sitio web oficial Canle oficial do Director en YouTube (película completa dispoñible de balde, audio en castelán e galego, subtítulos dispoñibles en varios idiomas)

Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Premio Mestre Mateo ó mellor filme Categoría:Filmes ambientados en Galicia