Fabián Ariel Orellana Valenzuela, nado en Santiago de Chile o 27 de xaneiro de 1986, é un futbolista chileno. Xoga de centrocampista para o Real Valladolid da Liga Santander.

Traxectoria Formouse nas categorías inferiores de Colo-Colo, porén foi descartado polon primeiro equipo a causa da súa baixa estatura, polo que ficha polo Audax Italiano. Co equipo chileno obtivo a primeira praza na fase regular do Campionato Clausura en 2007, o que lle valeu a clasificación para a Copa Libertadores para a seguinte tempada.

As súas boas actuacións espertaron o interese de varios equipos de América e Europa, fichando finalmente polo Udinese Calcio en 2009. Porén so chegou a disputar encontros amigábeis de pretempada, xa que foi cedido ao Xerez CD da Primeira División Española para a tempada 2009/2010http://www.marca.com/2009/08/29/futbol/equipos/xerez/1251574460.html e ao Granada CF na 2010/11 para axudar ao equipo a ascender á máxima categoría.

Tras os bos resultados, xa que marcou goles decisivos para o ascenso do club, o Granada fichouno en propiedade. Porén as malas relacións co adestrador do equipo, Fabriciano González, fixeron que saíse cedido a outro equipo antes de comezar a tempada.

Na tempada 2011/12 chega cedido con opción de compra ao Celta de Vigohttp://www.marca.com/2011/08/29/futbol/equipos/celta/1314646254.html, por aquel entón en Segunda División. Debutou co equipo na primeira xornada, o 26 de outubro de 2011, e finalizou a tempada disputando 33 encontros con 13 tantos e 11 asistencias, colaborando no ascenso do equipo a Primeira División.

A pesar dos esforzos do Celta o alto prezo do xogador fixeron que volvese a Granada ao ano seguintehttp://www.granadacf.es/index.php?seccion=leer_mas&ref=portada+&id_noticia=1052. Porén o equipo vigués recuperariao no mercado de inverno, por un prezo de 1,2 millóns de euros e o 40% dunha futura venda.

Coa selección de fútbol Foi convocado pola Selección de fútbol de Chile absoluta nas eliminatorias para o Mundial de Fútbol Suráfrica 2010 contra as seleccións de Arxentina e Perú trala lesión do titular Alexis Sánchez, porén non chegaría a debutar.

Pouco despois foi convocado por Marcelo Bielsa para formar parte da selección sub-23 que iría ao Torneo Esperanzas de Toulon, en Francia, onde a selección chilena rematou na segunda posición cunha grande actuación de Orellana.

O seu bo papel levouno a debutar finalmente coa Selección o 15 de outubro de 2008 ante Arxentina, marcando o gol do triunfo, a causa deste gol foi alcumado O histórico xa que era o primeiro triunfo na historia de Chile sobre Arxentina na fase previa dun Mundial. O 10 de outubro de 2010 tamén anota un dos goles da vitoria sobre Colombia, vitoria que clasificou a Chile para a Copa do Mundo.

En 2010 debutou nun Mundial de Fútbol disputando un encontro en Suráfrica 2010.

Notas

Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados en Santiago de Chile Categoría:Futbolistas de Chile Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Audax Italiano La Florida Categoría:Xogadores do Udinese Calcio Categoría:Xogadores do Xerez CD Categoría:Xogadores do Granada CF Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Valencia CF Categoría:Xogadores do SD Eibar Categoría:Xogadores do Real Valladolid Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Chile Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Futbolistas gañadores da Copa América