Radio Clásica é unha emisora de radio española de ámbito estatal pertencente á cadea pública Radio Nacional de España. Naceu o 22 de novembro de 1965 baixo o nome de Segundo Programa de RNE. Tras ser renomeada Radio 2, en 1994 adopta a súa denominación actual.

Os contidos da emisora céntranse fundamentalmente na música clásica, aínda que tamén ten programas especializados noutras músicas que non teñen cabida nas radios comerciais: folclore, jazz, flamenco, zarzuela, ópera e cancións populares. Ademais ten programas culturais dedicados á pedagoxía, a literatura ou a danza.

Radio Clásica colabora activamente coa Unión Europea de Radiodifusión (UER), a Orquestra e Coro de RTVE, a Orquestra e Coro Nacional de España, a Orquestra Simfònica de Barcelona i Nacional de Catalunya, a Fundación Juan March ou o Gran Teatre del Liceu na retransmisión de concertos en directo.

Con motivo da retransmisión en directo da ópera Don Pasquale dende o Metropolitan Opera House de Nova York o 19 de febreiro de 2011 púxose en marcha Radio Clásica HQ. Dende ese momento, as emisións de Radio Clásica na Televisión Dixital Terrestre teñen un son en calidade de 320 kb/seg. A partir de xaneiro de 2012, RTVE engadiu un segundo son polo cal emiten con son 5.1 Dolby Digital +, con calidade de 320 kb/seg, aínda que non emite as 24 horas neste formato, unicamente os concertos que dispoñen neste formato.

Programación de Radio Clásica A emisora especializada busca incrementar a súa presenza na sociedade e interactuar con ela, para o que renova a súa linguaxe sen perder as súas señas de identidade.

Dentro da programación da emisora inclúense programas dedicados especialmente ao público xuvenil e infantil, así como os didácticos e de carácter de investigación e divulgación, que teñen unha presenza especialmente destacada na páxina web da emisora baixo a epígrafe de Aula de música. Os concertos sempre foron outra das principais ofertas da emisora, que aumenta a súa colaboración coas principais institucións españolas e internacionais.

A emisora conta cunha importante presenza internacional a través da UER, labor recoñecida coa elección da representación de Radio Clásica no comité directivo do grupo Euroradioclassics.

Radio Clásica caracterízase tamén polo seu apoio á vangarda, o que marca o seu compromiso coa nova creación musical e a arte sonora, apartado no que Radio Clásica é un dos principais dinamizadores do país. A cadea conta tamén cunha páxina web que busca unha maior participación e interactividade co público, cos novos xeitos de escoita e as amplas posibilidades que ofrece a radio á carta.

Programas de Radio Clásica ProgramaCondutorDescrición - TemáticaÁlbum de discosÁngel Sánchez ManglanosEspazo dedicado á presentación de novidades discográficas que chegan á redacción de Radio ClásicaAmérica mágicaMikaela VergaraUnha viaxe musical polas culturas de Iberoamérica dende a época colonial ata a actualidadeArs canendiArturo ReverterA arte do canto. O misterio da voz desveladoArs sonoraMiguel Álvarez-FernándezUn oído atento á arte sonora española e internacional, con referencia especial á arte radiofónica e á creación con medios electrónicosConciertos de la OCBNCJavier Pérez SenzConcertos da Orquestra i Cor de Barcelona i Nacional de CatalunyaConciertos de la OCNEJosé Luis Pérez de ArteagaConcertos da Orquesta y Coro Nacional de EspañaContra viento y maderaDiego RequenaA difusión da música de banda e todas aquelas agrupacións que se basean nos instrumentos de vento como parte fundamental da súa composiciónCorreo del oyenteMercedes PuentePrograma que atiende ás peticións musicais dos oíntes da emisora a través do contestador telefónico ou o correo electrónicoDivertimentoBeatriz ToríoCoidada selección musical de obras que percorren toda a historia da músicaEl fantasma de la óperaRafael BanúsInmersión no mundo da ópera, coa audición dun espectáculo completo, a meirande parte das veces en vivoEl mundo de la fonografíaJosé Luis Pérez de ArteagaUn veterano programa que, centrado na área do son gravado, pasa revista a novidades discográficas, producións históricas, e a conmemoracións e efemérides, sempre evocadas a través de rexistros fonográficosEl oído atentoFernando PalaciosPrograma que sitúa no espazo e abre ante o oínte o paradoxal libro do tempoEl rincón de los niñosSabrina AguadoPrograma onde os auténticos protagonistas son os nenos. Cada sábado viaxa a un mundo de fantasía, maxia e ilusiónEn otros lugaresAlberto González LapuenteEste programa trata de primeiras visitas a lugares, das músicas que as ambientaron, do recordo dos seus visitantes e da recreación da súa estanciaFila cero (UER)Equipo de Radio ClásicaConcertos da Unión Europea de RadiodifusiónFila cero (ORCAM)Equipo de Radio ClásicaConcertos da Orquesta y Coro de la Comunidad de MadridFila cero (Fundación Juan March)Equipo de Radio ClásicaConcentos da Fundación Juan MarchFila cero (Liceu)Equipo de Radio ClásicaConcertos do Gran Teatre del LiceuFila cero (OCRTVE)Equipo de Radio ClásicaConcertos da Orquestra y Coro de RTVEGran auditorioRoberto MendésPrograma que recolle a produción concertística das emisoras asociadas á UER que intercambian con Radio Clásica as súas recentes produciónsGrandes ciclosEva SandovalA figura de compositores, directores, intérpretes solistas ou conxuntos destacados dentro do panorama musical nacional e internacionalHistoria y músicaRoberto MendésEspazo dedicado a comentar as obras musicais que interveñen directamente na historiaJazz porque síJuan Claudio CifuentesUn espazo dedicado integramente ao jazzJuego de espejosLuis SuñénEntrevista con personaxes da cultura e a ciencia que non viven da música, mais si coa músicaLa casa del sonidoJosé Luis CarlesA música conecta cos sons da rúa, o ruído ambiental, a paisaxe sonora e a ecoloxía acústicaLa guitarraÁngel Sánchez ManglanosPrograma monográfico dedicado a este instrumento, cos seus máis importantes intérpretes e os máis variados repertoriosLa zarzuelaMartín LladePrograma dedicado ao xénero lírico español. Nel repásanse tanto os títulos de sempre como aqueles menos difundidos, que teñen contribuído a dar forma ao xéneroLos colores de la nocheSergio PagánEspazo aberto a músicas variadasLos imprescindiblesJosé Luis NietoPrograma destinado a oíntes menos experimentados, que precisan achegarse ás obras mestras a través da análise e comentarios dun profesorLos rarosJuan Manuel VianaRarezas e máisMatinéLaura PrietoPrograma que inclúe concertos tanto de produción propia como de intercambio internacional da UER, no espírito das tradicionais sesións matinais de concertosMelodías de comediaEva SandovalEspazo dedicado aos principais autores e intérpretes da opereta francesa, vienesa e alemá, do musical anglosaxón e dos xéneros cómicos españois e italianosMuseo de instrumentosAna CasadoAñafiles, guiternes, cítolas, theremines, chalumeaux... Este programa invita ao oínte a visitar un museo de instrumentos musicais en cada programaMúsica antiguaSergio PagánMóstrase a inmensa riqueza dos cerca de dez séculos de música (VIII a XVIII) que non é moi frecuente escoitarMúsica coralJosé Carlos Sandúa MañoPrograma dedicado ao repertorio para varias voces: cuartetos, coros de cámara, coros femininos, masculinos, coros mixtos, escolanías, orfeóns...Música jovenBeatriz ToríoPrograma de difusión e promoción dos novos valores da música en España: compositores, solistas, conxuntos de cámara, orquestras, directores...Músicas de EspañaAlberto González LapuenteActualidade e revisión da produción musical española en todo o seu amplo espectroMúsicas de tradición oral Gonzalo Pérez TrascasaA volta ao mundo polas súas músicas de tradición oralMúsica vivaÁlvaro GuibertPrograma que emite gravacións da emisora (concertos do CDMC no Museo Raíña Sofía e outros ciclos), gravacións de intercambio internacional da UER e gravacións presentadas na Tribuna de Compositores Xoves da UNESCOMúsica y significadoLuis Ángel de BenitoPrograma de análise musical que fala da partitura e se adentra "ao outro lado do pentagrama"Nuestra orquesta y coroCristina MorenoInformativo sobre a Orquesta y Coro de RTVENuestro flamencoJosé María Velázquez-GazteluUnha mirada experta polo flamencoPrimer movimientoJesús TrujilloA revista musical que Radio Clásica dedica aos melómanos máis madrugadores da fin de semanaRadiofoníasAna Vega ToscanoEspazo que aborda a intersección do medio radiofónico con outros campos y disciplinas, nun intercambio que vai reflectir case un século de experiencias fluídas entre mediosRedacción de Radio ClásicaMikaela Vergara y Diego RequenaMagacín de actualidade da emisora que ofrece unha coidada selección musical ao fío da actualidadeTaller arteRosa PérezLugar de encontro de novos artistas, que provenientes de distintos ámbitos da creación sonora, promoven unha linguaxe musical dixitalTemas de músicaSantiago Martín BermúdezA intimidade da música francesaTodas las mañanas del mundoMartín LladePrograma que nace coa vocación de acompañar aos oíntes de Radio Clásica nas súas primeiras horas do díaUna noche en el cineAna Vega ToscanoMúsica e voces da historia do cineVía límiteJuan Manuel CostaVía Límite trata dos puntos de intersección entre o auditivo e outras artes como as visuales, a performance, ou mesmo o land art ou a arquitecturaViaje a ÍtacaCarlos de MatesanzPrograma bisagra entre dous espazos dedicados á transmisión de concertos, preséntase como unha selección musical variada, mais con identidade propia, en cada un dos seus días de emisión

Dirección de Radio Clásica

Enrique Franco Manera (1965-1982) Arturo Reverter y Gutiérrez de Terán (1982-1986) José María Quero (1986-1989) Arturo Reverter y Gutiérrez de Terán (1990) Miguel Alonso Gómez (1991) Adolfo Gross (1992-2004) José Manuel Berea (2004-2008) Fernando Palacios (2008-2010) Ana Vega Toscano (2010-)

Logotipos de Radio Clásica 120px 120px 100px 120px 1988 - 1994 1994 - 1999 1999 - 2008 2008 - Actualidade

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web de Radio Clásica

Categoría:Radio Nacional de España Categoría:Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes