Carelia do Sur (en finés Etelä-Karjala; en sueco Södra Karelen) é unha das 19 rexións de Finlandia. Está situada ao sueste do país, na provincia histórica de Carelia e na actual provincia de Finlandia Meridional. A súa capital e cidade máis poboada é Lappeenranta, con 72.445 habitantes.

A rexión ten unha poboación de 133.249 habitantes e unha superficie de 7.235,05 km², o que a converte na 16ª rexión máis poboada e a 13ª máis grande. Carelia do Sur limita ao norte coas rexións de Carelia do Norte e Savonia do Sur, ao suroeste e sur coa rexión de Kymenlaakso, e ao leste con Rusia.

Concellos Carelia do Sur ten nove concellos, dos cales dous teñen rango de cidade (en letra grosa):

23px Imatra 23px Parikkala 23px Rautjärvi 23px Ruokolahti 23px Lappeenranta 23px Lemi 23px Luumäki 23px Savitaipale 23px Taipalsaari

Antigos concellos 23px Joutseno 23px Lappee 23px Lauritsala 23px Nuijamaa 23px Saari 23px Simpele 23px Suomenniemi 23px Uukuniemi 23px Ylämaa

Concellos non pertencentes a Finlandia A Guerra de Inverno e a Guerra de Continuación provocou a cesión á Unión Soviética por parte de Finlandia de cerca da metade da superficie de Carelia.

Antrea Heinjoki Hiitola Johannes Jääski Kanneljärvi Kaukola Kirvu Kivennapa Koivisto Koiviston maalaiskunta Kuolemajärvi Kurkijoki 23px Käkisalmi 23px Käkisalmen maalaiskunta Lavansaari Metsäpirtti Muolaa Pyhäjärvi Rautu Räisälä Sakkola Seiskari Säkkijärvi Terijoki Uusikirkko Vahviala Valkjärvi Viipuri Viipurin maalaiskunta Vuoksela Vuoksenranta Äyräpää

Notas

Categoría:Rexións de Finlandia