miniatura|The Birth of a Nation The Birth of a Nation é unha película de 1915 dirixida e producida por David Wark Griffith. Está considerada unha das películas máis famosas da época do cine mudo, e tamén unha das máis polémicas por promover a supremacía branca e describir o suposto heroísmo dos membros do Ku Klux Klan. Tamén se considera un fito da historia do cine, ao conxugar o autor todos os recursos narrativos que fora desenvolvendo o cine até ese momento, quedando establecido un modelo que permanece até a actualidade.
Trama A acción comeza pouco antes da Guerra de Secesión. Está ambientada nos Estados Confederados de América, con dúas familias brancas amigas que representan o Norte e o Sur dos Estados Unidos. A familia do sur manda os seus tres fillos homes á guerra.
Trala sinatura da paz e a reunificación, aparece reflectido o asasinato de Abraham Lincoln e o ascenso ao poder dos negros en diferentes estados.
Técnica dereita|miniatura|200px|Encapuchados do Ku Klux Klan agarran a Gus tras asasinar unha moza branca. O home negro é descrito de forma estereotipada coma "un renegado, un produto das doutrinas inmorais apoiadas polos republicanos".
A forma en que se establece o salto de eixe, o uso dos primeiros planos, a alternancia entre planos xerais que permiten comprender e organizar o espazo en que ten lugar a acción cos planos curtos onde se aprecia o detalle, constitúen a base do novo modelo cinematográfico de Griffith.
Véxase tamén
Categoría:Filmes en branco e negro Categoría:Filmes de 1915 Categoría:Historia dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre temas raciais Categoría:Filmes sobre a Guerra de Secesión Categoría:Filmes sobre o Ku Klux Klan Categoría:Filmes preservados no National Film Registry