O trigo común, trigo vulgar, trigo fariñeiro ou simplemente trigo (Triticum aestivum, Triticum sativum ou T. vulgare), é un cereal do xénero Triticum sendo a especie de trigo máis espallada e cultivada no mundo. É unha planta alohexaploide, por mor á súa conformación de 42 cromosomas repartidos en 6 xogos dende tres diferentes especies (Triticum spelta, Aegilops cylindrica, de 7 cromosomas cada unha). A planta posúe tres xenomas idénticos, os cales posúen información xenética repetida, o que lle confire á especie en si grande adaptabilidade aos diferentes ambientes.
Esta especie é máis cultivada nas latitudes altas de ambos hemisferios (por exemplo na Arxentina, no Canadá, en Francia ou na Ucraína). É amplamente empregada para obter fariña triga destinada á elaboración de pan (pantrigo).
É a especie máis cultivada en Galiza dende a antigüidade.
Propiedades Principios activos: contén fibra, amidón, celulosa, glute, fitosterois: beta-sitosterol, vitamina E.
Indicacións: Farelo: usado coma laxante, saciante, hipocolesterolemiante, hipoglucemiante (reduce a reabsorción intestinal de lípidos e glícidos); demulcente, resolutivo. Ao aumentar a eliminación fecal de calcio, é recomendábel para as persoas con urolitíase. Estrinximento, coadxuvante en tratamentos de sobrepeso, hiperlipidemias, urolitíase, diabetes, diverticulose, síndrome do intestino irritábel. Fariña: usado coma nutritivo, antifloxístico, resolutivo. Xerme, aceite de xerme: usado coma vitamínico, hipolipemiante e contra a arteriosclerose. Farelo e/ou fariña (branca ou integral), en uso externo: usado para hematomas, contusións, inflamacións articulares, mialxias, catarros, amigdalites, erupcións cutáneas inespecíficas dos lactantes. Amidón: usado coma demulcente, coadxuvante na elaboración farmacéutica dos comprimidos (como desintegrante); antídoto das intoxicacións por iodo.
A fariña presenta intolerancia ao glute. Ao inicio e durante o tratamento con fibra, deberase controlar a glicemia para axustar, se fose necesario, as doses de insulina ou de antidiabéticos orais.
Preparación, receitas: Úsase o froito (sementes): farelo, fariña, xerme.
Sinonimia Triticum hybernum L. Triticum orientale Percival Triticum persicum Vavilov ex Zhuk. Triticum pyramidale Percival Triticum sativum Lam. Triticum sativum var. aestivum (L.) Alph.Wood Triticum sativum var. compositum (L.) Alph. Wood Triticum sativum var. vulgare (Vill.) Vilm. Triticum sativum var. vulgare Desv. Triticum sativum var. vulgare Hack. Triticum timopheevii (Zhuk.) Zhuk. Triticum vulgare (L.) Salisb. Triticum vulgare Vill. Zeia vulgaris var. aestiva (L.) Lunell
Notas
Véxase tamén Trigo
Ligazóns externas
Wheat Cap: http://maswheat.ucdavis.edu/
Categoría:Triticum Categoría:Cereais Categoría:Plantas descritas en 1753