O río Lonia é un afluente do río Miño pola súa banda esquerda.
Descrición Fonte
Nace en Loña do Monte no concello de Nogueira de Ramuín.
Percorrido Segue unha dirección leste-oeste até chegar ao encoro de Cachamuíña, no concello do Pereiro de Aguiar. Denantes de entrar no concello de Ourense, forma outro encoro en Castadón. Chega a Ourense polo barrio do mesmo nome, A Lonia, e desemboca no río Miño.
Aproveitamento Nas beiras do río Lonia encóntranse numerosos muíños, a maioría deles en estado de abandono.
O encoro de Cachamuíña serve de abastecemento de auga á cidade de Ourense.
Afluentes
Marxe dereita
Regato da Boca Regato Vermeaos Regato do Prado Longo Regueiro Grande Regato do Porto
Marxe esquerda
Regato de Triós Regato de Cachosando Río do Grañal
Galería de imaxes
Véxase tamén Outros artigos Ríos de Galiza Lista de encoros de Galicia
Ligazóns externas
Ruta dos muíños
Categoría:Ríos da provincia de Ourense Categoría:Afluentes do Miño