Andoni Agirregomezkorta Muñoz, nado en Donostia en 1971, é un actor vasco. O seu traballo máis coñecido é o que realizou desde 2004 até 2011 en Vaya Semanita como presentador e actor, así como polo seu papel de Patxi na serie Euskolegas, spin-off da anterior.

Traxectoria En setembro de 2004 comezou en Vaya Semanita como actor. Destacou como protagonista en sketchs como o cobrador do bar ou Sé tinto, amigo, parodia do anuncio de Bruce Lee. Nesa etapa o programa recibiu o Premio da Academia de Televisión ao mellor programa autonómico de entretemento. Desde setembro de 2005 até xuño de 2011 foi o presentador e entrevistador de Vaya Semanita (a pesar de el mesmo afirmar que a entrevista no é o seu). Nesa etapa o programa conseguiu o Premio Ondas ao mellor programa autonómico.

1998 - Obra Teatral Tú a tú 1999 - Varios sketchs do programa de ETB-1 Sorginen Laratza 2000 - Obra Teatral Pulsos 2000 - Homenaxe a Lluís Companys Anuncio interactivo de Euskaltel 2001 - 8 capítulos na serie de ETB-1 Hasiberriak 2001 - La importancia de llamarse Ernesto 2002 - Obra teatral Tragicomedia de Don Cristóbal y la señá Rosita 2002 - Participación no programa Balearen sabeletik da Radio Popular de Loiola e Donostia. 2002 - Spot da campaña de EiTB Estamos abiertos (familia txapeldun). 2004 - Obra teatral A ze parea! 2004 - Programa da ETB-2 Vaya Semanita 2005 - Spots de cervexa Keler Epa! 2005 - Longametraxe El síndrome de Svensson 2005 - TV movie Zeru Horiek 2009 - Euskolegas, spin-off de Vaya Semanita 2010 - Participación no programa de TVG Comando chef 2012 - La que se avecina, un episodio

Véxase tamén Ligazóns externas Andoni Agirregomezkorta en Vaya Semanita Andoni Agirregomezkorta en Comando chef

Categoría:Actores do País Vasco Categoría:Nados en Donostia Categoría:Nados en 1971