O Portsmouth Football Club é un equipo de fútbol profesional da cidade de Portsmouth, Inglaterra. Xoga os seus partidos coma local no Fratton Park dende a fundación do club en 1898. Actualmente compite na Football League One.

O Portsmouth tivo un grande éxito a mediados dos anos 2000, cando conseguiu gañar a FA Cup na tempada 2007-08, ó vencer por 1-0 na final ó Cardiff City. Durante este período, o tivo un gran número de xogadores internacionais, coma Glen Johnson, Jermain Defoe, Peter Crouch ou Sol Campbell. Porén, os problemas financeiros levaron pronto ó Portsmouth ó descenso ó Football League Championship en 2010, e á Football League One dous anos máis tarde, sendo a primeira vez que xogan no terceiro nivel do fútbol inglés dende os anos 80.

Xogadores Cadro actual Actualizado a 12 de marzo de 2020.

Palmarés Nacional Liga Premier League e predecesoras: 2 1948–49; 1949–50 Football League Championship e predecesoras: 1 2002–03 Football League One e predecesoras: 3 1923–24; 1961–62; 1982–83 Football League Two: 1 2016–17

Copas FA Cup: 2 1938–39; 2007–08 FA Community Shield: 1 1949 Football League Trophy: 1 2018–19

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Equipos de fútbol de Inglaterra