Luiz Tadeu Razia Filho, nado o 4 de abril de 1989 en Barreiras, é un piloto de carreiras do Brasil.

Carreira Inicios da súa carreira Razia comezou a súa andaina nos monoprazas en 2005 nos campionatos de América do Sur de Fórmula 3. Pilotou para Dragão Motorsport, Razia terminou sexto no campionato logrando seis podios, incluíndo dúas vitorias. Durante a tempada tamén participou na Fórmula Renault 2.0 series do Brasil, terminando décimo na clasificación.

No ano 2006, Razia mantívose na Fórmula 3 Suramericana, logrando once podios e sete vitorias gañando o título, por diante de Mario Moraes e Diego Nunes. Tamén disputou tres carreiras na Formula 3000 International Masters series con Charouz Racing, gañando tres delas terminando oitavo no campionato. Tamén foi o piloto novato no A1 Team Brazil na tempada 2006-07 A1 Grand Prix.

Ao ano seguinte, Razia trasladouse a Europa para competir no campionato Euroseries 3000. Comezou a tempada con Fisichella Motor Sport, pero fixo un cambio a metade de tempada para ELK Motorsport trala saída de Alx Danielsson. Durante a tempada, logrou catro podios e terminou terceiro no campionato Euroseries e o cuarto no campionato italiano, que se desenvolveu como parte da serie principal. Razia tamén disputou catro carreiras na World Series by Renault cando substituíu a Ricardo Risatti en GD Racing.

En 2008, permaneceu nas Euroseries 3000 con ELK Motorsport, como compañeiro do francés Nicolas Prost, o fillo do catro veces Campión do Mundo de Fórmula 1 Alain Prost. No campionato italiano de Fórmula 3000 unha vez máis terminou a tempada en cuarto lugar, logrando tres podios incluíndo a súa primeira vitoria en Misano.

miniatura|left|Razia pilotando un Fisichella Motor Sport en Cataluña nunha carreira da tempada 2009 das GP2 Series.

A finais de 2006, Razia probou un GP2 en Xerez co equipo Racing Engineering, e en setembro de 2008 probou outra vez co equipo no circuíto de Paul Ricard no sur de Francia. O 2 de outubro de 2008 Razia uniuse á Trust Team Arden para a tempada 2008–09 das GP2 Asia Series. Anotou os seus primeiros puntos en Qatar, cun 8º posto na primeira carreira e un sexto na carreira final. Na última carreira da tempada en Bahrain, Luiz conseguiu a súa primeira vitoria, tras sir desde a pole, debido ao sistema de grella invertida da serie, terminou oitavo na carreira principal do día anterior.

Fichou polo Fisichella Motor Sport para competir na GP2 de 2009.

Razia uniuse a Max Chilton no Barwa Addax Team para a tempada 2009-10 das GP2 Asia Series, pero os dous pilotos foron substituídos antes da segunda carreira do campionato, Chilton marchou a Ocean Racing Technology. Razia volveu para a rolda final en Bahrain. Substituíndo a Daniel Zampieri no equipo Rapax.

Quedou con Rapax para a tempada 2010 das GP2 series. Comezou con forza, terminando as primeiras seis carreiras nos puntos (incluíndo dous podios), pero logo sufriu unha racha estéril ata a rolda final da tempada, terminando undécimo no campionato de pilotos. O seu compañeiro de equipo, Pastor Maldonado, converteuse no campión da serie, mentres que Razia axudou a Rapax para lograr o título por equipos.

Como parte do seu acordo de piloto de probas de Fórmula Un co equipo Lotus, Razia asinou para pilotar o novo equipo AirAsia en 2011, xunto ao seu compatriota, o probador de Lotus [ [Davide Valsecchi]]. Non anotou ningún punto na tempada 2011 das GP2 Asia Series, pero terminou sexto na primeira carreira da tempada 2011 das GP2 Series , para lograr tres puntos para o equipo no seu comezo na serie principal. Máis tarde tivo a súa primeira pole position na serie en Hungaroring, e terminou 12º no campionato.

Para tempada 2012 das GP2 series, trasladouse ao equipo Arden International xunto a Simon Trummer, e gañou a carreira principal en Malaisia liderando o campionato logo da primeira carreira. Despois adiantouse Davide Valsecchi, pero Razia retomou o liderado ao gañar en Silverstone, xa que tamén gañou en Cataluña e Valencia. Con todo, Valsecchi tomou o liderado ao longo do que restaba da tempada, e Razia ao final tivo que conformarse coa segunda posición no campionato.

Fórmula Un Razia fixo a súa primeira aparición nun equipo de Fórmula Un cando se uniu a Virgin Racing como piloto de probas en . Razia pilotou o coche durante a proba de pilotos mozos, ao final da tempada, pero non participou en todas as reunións, nos grandes premios. O Equipo Lotus contratouno como piloto de probas e reserva para , co seu programa que se executa en paralelo á súa participación na GP2 do Equipo AirAsia, que foi dirixido polo director do equipo Lotus Tony Fernandes. O tomou parte na primeira sesión de práctica libre da Gran Premio da China de 2011, e unha vez máis na proba de novos pilotos ao final da tempada 2011.

Marussia (2013) Razia ía facer o seu debut en competición no Gran Premio de Australia de 2013, pilotando para Marussia, pero tivo problemas de financiamento cos seus patrocinadores e o seu contrato foi resolto, foi substituído por Jules Bianchi.

Racing récord Resumo da Carreira

TempadaSeriesEquipoCarreirasGañadosPolesVRPodiosPuntosPosición 2005 Fórmula 3 SuramericanaDragão Motorsport 18 2 2 4 6 52 6º Fórmula Renault 2.0 13 0 0 0 0 68 10º 2006 Fórmula 3 Suramericana Razia Sports 16 7 6 7 11 99 1º F3000 International Masters Charouz Racing System 3 3 0 ? 3 30 8º 2007 Euroseries 3000 Fisichella Motor Sport 16 0 1 1 4 57 3º ELK Motorsport Italian Fórmula 3000 Fisichella Motor Sport 8 0 0 0 2 26 4º ELK Motorsport Fórmula Renault 3.5 Series GD Racing 4 0 0 0 0 0 38º 2008 Euroseries 3000 ELK Motorsport 13 2 1 1 5 52 4º Italian Formula 3000 8 1 0 1 3 32 4º 2008–09 GP2 Asia Series Trust Team Arden 11 1 0 0 1 9 13º 2009 GP2 Series Fisichella Motor Sport 18 1 0 1 1 8 19º Scuderia Coloni 2009–10 GP2 Asia Series Barwa Addax 4 0 0 0 0 0 26º Rapax Team 2010 GP2 Series Rapax Team 20 0 0 1 3 28 11ºVirgin Racing Piloto de probas 2011 GP2 Series Caterham Team AirAsia 18 0 1 0 2 19 12º GP2 Final 2 0 0 1 1 9 3º GP2 Asia Series Team AirAsia 4 0 0 0 0 0 25º Team Lotus Piloto de probas 2012 GP2 Series Arden International 24 4 0 3 9 222 2º

Resultados completos na Fórmula Renault 3.5 Series (Chave) (As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida) Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Pos Puntos 2007 GD Racing MNZ1 MNZ2 NÜR1 NÜR2 MON1 HUN1 HUN2 SPA1 SPA2 DON1Ret DON2Ret MAG1Ret MAG220 EST1 EST2 CAT1 CAT2 38º 0

Resultados completos na GP2 Series (Chave) (As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida) Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 DC Puntos 2009 Fisichella Motor Sport ESPFEA16 ESPSPR12 MONFEA13 MONSPR10 TURFEARet TURSPR20 RUFEA20 RUSPRRet GERFEARet GERSPR14 HUNFEARet HUNSPRRet 19º 8 PartyPokerRacing.comScuderia Coloni VALFEARet VALSPR13 BELFEA BELSPR ITAFEA8 ITASPR1 PORFEA10 PORSPR17 2010 Rapax Team ESPFEA7 ESPSPR2 MONFEA7 MONSPR5 TURFEA5 TURSPR2 VALFEARet VALSPRRet RUFEARet RUSPR15 GERFEARet GERSPR13 HUNFEA10 HUNSPRRet BELFEA16 BELSPR10 ITAFEARet ITASPR10 ABUFEA7 ABUSPR2 11º 28 2011 Caterham Team AirAsia TURFEA6 TURSPR18 ESPFEARet ESPSPRRet MONFEARet MONSPR20 VALFEA6 VALSPR2 RUFEA17 RUSPR14 GERFEARet GERSPR14 HUNFEA3 HUNSPR7 BELFEARet BELSPRRet ITAFEA10 ITASPR9 12º 19 2012 Arden International MYSFEA1 MYSSPR5 BHR1FEA2 BHR1SPR4 BHR2FEA4 BHR2SPR2 ESPFEA8 ESPSPR1 MONFEA15 MONSPR6 VALFEA3 VALSPR1 RUFEA5 RUSPR1 GERFEA7 GERSPR10 HUNFEA3 HUNSPR3 BELFEA6 BELSPR20 ITAFEARet ITASPR16 SGPFEA5 SGPSPR4 2º 222

Resultados completos na GP2 Asia Series (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 DC Puntos 2008–09 Trust Team Arden CHNFEARet CHNSPR17 DUBFEA10 DUBSPRC BHR1FEA14 BHR1SPR9 QATFEA8 QATSPR6 MYSFEARet MYSSPRRet BHR2FEA8 BHR2SPR1 13th 9 2009–10 Barwa Addax Team ABU1FEARet ABU1SPR11 ABU2FEA ABU2SPR BHR1FEA BHR1SPR 26º 0 Rapax Team BHR2FEARet BHR2SPR13 2011 Team AirAsia ABUFEARet ABUSPR16 ITAFEARet ITASPR14 25º 0

Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 Pos. Puntos Team Lotus Lotus T128 Renault RS27 2.4 V8 AUS MAL CHNTD TUR ESP MON CAN EUR RU ALE HUN BEL ITA SIN XPN COR IND ABU BRATD – –

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas Luiz Razia páxina oficial Luiz Razia career details

Categoría:Pilotos de Fórmula 1 do Brasil