A pataca doce ou batata (Ipomoea batatas), é unha planta da familia das convolvuláceas, da orde das Solanales (a mesma da pataca, do tomate, das pementas etc.). Orixinaria dos Andes, espallouse polos trópicos e subtrópicos de todo o mundo. A súa raíz tuberosa é comestíbel, aínda que non é popular o seu consumo en Galicia.
Etimoloxía "Pataca doce" é unha referencia ao gusto doce do seu tubérculo comestíbel. No Brasil tamén lle chaman jetica ou jatica, ambos os dous termos provenientes da lingua tupí para a planta, ye'tika.FERREIRA, A. B. H. Novo Dicionário da Língua Portuguesa. Segunda edição. Rio de Janeiro: Nova Fronteira, 1986. p.987
O dicionario da Real Academia Galega non recolle nome vulgar ningún para esta planta, pero si outros dicionarios. En castelán recibe, ademais do nome de batata, o de boniato (voz caribeña).
Distribución miniatura|left|200px|Flor de Ipomoea batatas Orixinaria dos trópicos de América Central, América do Sur, foi domesticada e cultivada dende hai 8000 anos no Perú. Chegou a Europa no século XVI, espallándose amplamente en todo o mundo.
Segundo estatísticas da FAO do ano 2009, China é o primeiro produtor, pois cultiva aproximadamente o 80 % do total mundial; séguenlle Uganda, Nixeria e Indonesia. Illas Salomón ten a maior produción per cápita do mundo: 160 kg por persoa e ano. É un alimento recoñecido como eficaz na loita contra a desnutrición grazas ás súas características nutritivas, facilidade de cultivo e produtividade.
Hortaliza de raíces Posúe diversas variedades cultivábeis divididas en 'de mesa' (ou mercado) e as 'forraxeiras', ambas poden ter cores externas amarela, branca e roxa. Con todo, o número de variedades non se restrinxe só a esas características senón que poden clasificarse de acordo co formato, tamaño, cor interna, dozura, precocidade, cor das follas e até pola coloración das flores, entre outras.
É a cuarta hortaliza máis cultivada no Brasil e a que ten maior índice de produtividade por hectárea.
Hortaliza de follas
As follas e gomos da pataca doce son, despois dun breve cocemento, comestíbeis, saborosas e nutritivas, constituíndo unha verdura doada de cultivar e de colleita abundante. A pataca doce (Ipomoea batatas) é parente moi próxima de Ipomoea aquatica Forssk., verdura moi utilizada en Asia e cultivada no Brasil por inmigrantes xaponeses.
Planta ornamental e invasora
A pataca doce utilízase nalgúns lugares, como no Brasil, como planta ornamental en xardineiras, vasos suspensos e cestas.
Ocasionalmente, a pataca doce pode considerarse invasora; isto ocorre nalgunhas rexións do Brasil: Goiás, São Paulo, Minas Gerais ou Rio Grande do Sul.
Propiedades nutricionais
A raíz contén grandes cantidades de amidón, vitaminas, fibras (celulosa e pectinas) e minerais, e destaca entre estes o contido de potasio. En valor enerxético supera á pataca e en vitaminas salienta pola provitamina A (betacaroteno) e as B1, C (ácido ascórbico) e E (tocoferol). Canto máis amarelenta é a súa raíz, máis betacaroteno posúe, polo que as patacas doces con esta coloración son moi utilizadas en Asia e África para reducir a deficiencia de vitamina A nos nenos. O seu sabor doce débello á sacarosa, á glicosa e á frutosa.
Ademais, a raíz, malia non posuír altos contidos de proteína, si é importante no contido de lisina. Por isto emprégase como complemento dalgunhas fariñas de cereais. O seu contido en lípidos é baixo. Os seus ácidos graxos principais son o linoleico, o oleico, o esteárico e o palmitoleico. Posúe gran cantidade de fibra dixeríbel, que acelera o tránsito intestinal, prevén o cancro de colon, controla o nivel de glicosa, reduce o nivel de colesterol e produce sensación de saciedade. A súa pel e a súa polpa posúen antioxidantes, polo que preveñen doenzas cardíacas, diabetes e cancro.
Nalgúns países valórase a folla para alimentar ao gado así coma fertilizante polos niveis de ferro, provitamina A, vitamina B2, vitamina C e vitamina E, fibra dietaria e polifenois.
Serven para preparar doces e sobremesas en combinación con froitas como a goiaba.
Sinonimia Convolvulus batatas L. Convolvulus tiliaceus auct. non Willd. Ipomoea fastigiata (Roxb.) Sweet Ipomoea tiliacea auct. non (Willd.) Choisy Ipomoea triloba auct. non L.Listado de sinónimos de Ipomoea batatas. . Aniseia martinicensis var. nitens (Choisy) O'Donnell Batatas edulis (Thunb.) Choisy Batatas edulis var. porphyrorhiza (Griseb.) Ram.Goyena Convolvulus apiculata M.Martens & Galeotti Convolvulus attenuatus M. Martens & Galeotti Convolvulus candicans Sol. ex Sims Convolvulus denticulatus Desr. Convolvulus edulis Thunb. Convolvulus esculentus Salisb. Convolvulus hederaceus Sessé & Moc. Convolvulus tuberosus Vell. Convolvulus varius Vell. Ipomoea angustisecta Engl. Ipomoea batatas fo. trifida Moldenke Ipomoea batatas var. edulis (Thunb.) Makino Ipomoea batatas var. lobata Gagnep. & Courchet Ipomoea bolusiana Schinz Ipomoea bolusiana var. pinnatipartita Verdc. Ipomoea confertiflora Standl. Ipomoea davidsoniae Standl. Ipomoea denticulata (Desr.) Choisy Ipomoea edulis (Thunb.) Makino Ipomoea mesenterioides Hallier f. Ipomoea praetermissa Rendle Ipomoea purpusii House Ipomoea setifera Poir. Ipomoea simplex Hook. Ipomoea vulsa HouseSinónimos en Tropicos
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Raíz tuberosa
Ligazóns externas Itacate
Categoría:Ipomoea Categoría:Órganos de almacenamento vexetais Categoría:Hortalizas Categoría:Raíces e tubérculos comestibles Categoría:Flora de América do Sur