miniatura|250px|Candeas do castiñeiro. miniatura|250px|Un amento macho nun salgueiro (Salix). miniatura|250px|Os amentos son típicos de carballos, carballo das Canarias (Quercus canariensis).

En botánica, amento, chamado popularmente candeaEspecialmente recibe este nome a flor do castiñeiro, porén designaría por extensión calquera inflorescencia tipo amento. O nome candea viría da semellanza coas candeas da luz. http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=candea&tipo_busca=lema, é unha inflorescencia tipo acio, xeralmente pénsil, característica de certas árbores, especialmente na subclase Hamamelidae, as familias Salicaceae e Fagaceae. Tamén recibe os nomes comúns de gatiño e flor da trama.

O amento consiste nunha espiga articulada polo seu baseamento e composta de flores dun mesmo sexo, pois hai amentos masculinos, máis alongados, e amentos femininos. As flores son simples, sen pétalos nin sépalos, as masculinas fican reducidas aos estames e as femininas ao estigma.

As candeas aparecen na primavera, xeralmente antes que as follas agroman.

Nesta clase de plantas, a polinización é anemófila, isto quere dicir que o transporte do pole, moi abundante, é realizado polo vento.

O pole dalgunhas árbores pode ser, para a especie humana, unha fonte de alerxias.

En Galiza algunhas árbores con candeas son: Todos os carballos. Os salgueiros. O amieiro. O castiñeiro.

Etnoloxía Cando n'o castiñeiro vires candèa, lèva ò carneiro a ovella. Candea aberta, seitura certa (Cando o amento do castiñeiro xa está desenvolvido, a sega vén axiña).

Notas

Categoría:Termos botánicos