miniatura|Vaso de grog. O grog é unha bebida feita de auga quente azucrada, mesturada cun licor, xeralmente ron, aínda que tamén kirsch, coñac ou outros. Adoita conter algún aromatizante, por exemplo, limón.

Ingredientes e elaboración Un pouco de ron negro Unha culleradiña de azucre Zume de lima Unha rama de canela Auga a ferver

Mestúranse todos os ingredientes, engadindo auga a ferver ata encher o vaso.Receta para facer grog .

Historia A orixe do grog débese ao almirante inglés Edward Vernon, a quen os seus subordinados alcumaban Old Grog por unha capa impermeable que sempre vestía confeccionada cun material chamado grogram. En 1740, Vernon emitiu unha orde pola cal o ron debía ser rebaixado con auga baixo a vixilancia dun oficial. Os mariñeiros gozarían de dúas racións ao día. Para mellorar o sabor estes engadiron azucre e lima dando orixe ao "grog" que hoxe coñecemos, chamado así en honra ao almirante.

Foi usado pola mariña británica como forma de reducir o consumo de ron por parte dos mariñeiros, e para que aqueles soldados que tiñan que entrar en batalla, se mantivesen o suficientemente conscientes como para se enfrontaren aos temibles combates no mar; sendo parte da ración diaria ata o 31 de xullo de 1970, día que se coñeceu como o Black tot day.

Foi a bebida favorita dos mariñeiros británicos durante anos. As versións actuais inclúen ron con auga quente azucrada con zume de limón. Pode beberse quente, ou preferiblemente frío.

O adxectivo groggy (do termo inglés groggy),The Shorter Oxford English Dictionary on Historical Principles vol.1 pax.893 ISBN 0-19-861126-9 vén do estado no que quedaban os que abusaban do grog.

Cabo Verde miniatura|Trapiche en Ribeira da Cruz, Santo Antão, Cabo Verde. En Cabo Verde a palabra grogue (grogu ou grog’, en crioulo) designa a augardente de cana de azucre simple, ou sexa ron. Os métodos son fundamentalmente artesanais e case toda a cana de azucre é usada para a produción de grogue. A moenda da cana é efectuada en trapiches. Tamén en Cabo Verde é feita unha bebida á base de grogue denominada pontche, que inclúe limón e azucre, semellante á poncha da illa de Madeira.

A produción de cana de azucre e grogue é maior nas illas de Santo Antão e Santiago. Dada a diminuta produción de grogue en Cabo Verde, fronte á procura, o grogue adulterado é tamén producido a partir de azucre.

Despois de preparado, poden tamén ser mergulladas herbas medicinais no grogue, como por exemplo a ruda, o romeu e anís. Existe tamén grogue con percebes.

Nalgúns locais turísticos, é posíbel encontrar tamén caipiriña preparada con grogue.

Cultura popular O grog como bebida espirituosa influíu en xogos de ordenador como The Secret of Monkey Island, onde os piratas do videoxogo estaban bastante afeitos a bebelo. Tamén é un dos elementos que se poden intercambiar entre skylands no videoxogo de rol multixogador masivo en liña Skyrates. É un produto relativamente difícil de atopar e, polo tanto, moi precioso.

Galería

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas The Contemplator's Short History of Grog .

Categoría:Cóctel Categoría:Gastronomía do Reino Unido Categoría:Gastronomía de Cabo Verde