Adegas Moure é unha empresa galega produtora de viños e licores con sede en Escairón, na provincia de Lugo.

Historia As orixes da adega son unha abadía mercada pola familia Moure en 1936. Adegas Moure foi fundada en 1958 pola familia Moure en Escairón. Os viñedos da adega baixan polas ladeiras do río Miño, nunha volta coñecida como O Cabo do Mundo. Dende entón a adega gañou 120 premios nacionais e internacionais.

En 1982 construíronse unhas novas adegas. Produce na Ribeira Sacra viño Mencía, Albariño e Godello. A adega produce 320.000 botellas de viño e unhas 300.000 de augardente ao ano, tamén produce xenebra.

Marcas da adega Abadía da Cova Fuga Moure de Autor ANA London DRY GIN

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web de Adegas Moure Adegas Moure - Vídeo Corporativo 10'05"

Categoría:Adegas de Galicia Categoría:Empresas de alimentación de Galicia Categoría:O Saviñao