Kouvola é unha cidade de Finlandia, situada na rexión de Kymenlaakso ao sur do país, rexión da que é capital. A súa poboación ascende a 87.323 habitantes segundo o censo de 2012.
Historia Pouco despois da apertura da liña de ferrocarril a San Petersburgo en 1870, construíuse unha estación no sitio da futura Kouvola (1875). Unha gornición rusa instalouse nas proximidades da cidade en 1910, acelerando o desenvolvemento da pequena vila. En 1922, a gran municipalidade de Valkeala escindiuse en varias partes, converténdose unha delas en Kouvola.
Os ataques aéreos da Guerra de Inverno devastaron totalmente a cidade, mais a reconstrución acelerouse trala Guerra de Continuación. A comuna proclamouse cidade en 1960.
Xeografía Kouvola encóntrase nun nó ferroviario nas proximidades da fronteira rusa e un centro comercial e administrativo. Está situada ao sur do país, a beira do río Kymijoki.
Clima 17px Kouvola(1981-2010) Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano Temperatura máxima media (°C) -3,5 -3,4 1,5 8,5 16,0 20 22,9 20,6 14,6 8,1 1,9 -1,7 8,8 Temperatura media diaria (°C) -6,3 -7,0 -2,6 3,6 10,3 14,7 17,5 15,5 10,2 5,1 -0,3 -4,3 4,7 Temperatura mínima media (°C) -9,7 -10,7 -6,6 -1,0 3,8 8,8 11,7 10,5 6,2 2,1 -2,7 -7,2 0,4 Precipitacións (mm) 52 40 43 29 35 59 65 78 65 73 66 60 665Fonte: Tilastoja Suomen ilmastosta 1981-2010
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial (en varios idiomas)
Categoría:Cidades de Kymenlaakso