Andrea Maceiras Lafuente, nada na Coruña o 6 de novembro de 1987, é unha escritora galega.
Traxectoria
Doutora en filoloxía hispánica e licenciada en Filoloxía galega pola Universidade da Coruña.
En 2007 publicou a súa primeira novela, Proxecto Bolboreta, tras gañar o I Certame de Micronovela do Concello de Soutomaior. En 2009 gañou o premio Meiga Moira con Violeta tamurana, publicada o ano seguinte. En 2012 publica O segredo do lagarto arnal, e un ano despois sae Nubes de evolución, finalista do premio Fundación Caixa Galicia e nomeado mellor libro xuvenil dese ano nos Premios Fervenzas Literarias.
No ano 2014 publica Miña querida Sherezade, obra gañadora do premio Meiga Moira, e ese mesmo ano publica tamén Volverás, golfiño, finalista do Premio Merlín. Ao ano seguinte, en 2015, gaña o premio Jules Verne con Europa express, obra publicada ese mesmo ano e pouco tempo despois traducida ao inglés. Tamén foi recoñecida como a mellor novela xuvenil nos Premios Fervenzas Literarias.
En 2018 gañou o Premio Lazarillo á creación literaria por Conta nove estrelas, segundo o xurado: "unha obra ben urdida e entramada cunha linguaxe poética con belísimas escenas que te transportan a un mundo galáctico. Unha aposta á imaxinación desbordante e á ciencia ficción”. Tamén no 2018 queda finalista do Premio Raíña Lupa con O que sei do silencio, publicada ese mesmo ano e traducida ao español en 2020.
En 2020, concedéronlle o premio dos Clubs de Lectura da Consellería de Educación de Galicia como a autora máis lida. E ese mesmo ano, gañou o premio Merlín de literatura infantil con A folla azul, publicada en 2021. No mesmo ano, gañou o XV premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil da Deputación da Coruña coa obra Que me pare o corazón se te esquezo.
En marzo de 2022 gañou o XIX Premio Anaya de Literatura Infantil e Xuvenil coa obra Alma de elefante, que viu a luz o 31 de marzo de ese mesmo ano. E un ano máis tarda, esa mesma novela recibiu o I Premio A da Sociedad Colegial de Escritores ACE e do Grupo de Investigación de Literatura infantil da Universidade Complutense de Madrid. Tamén publicou en español e catalán Niño y Jaguar, coa Editorial Milenio.
En decembro de 2022 gañou o XLI Premio Vila d'Ibi coa novela Siempreviva, publicado en 2023 por Grupo Anaya. En 2024 publicou El silbido de la sombra (Oxford University Press, colección Lidera. Erizonte).
No mes de maio de 2025 volveu gañar o premio Jules Verne de literatura xuvenil, convocado pola editorial Xerais, coa novela O corvo sobre a neve. E nese mesmo mes El silbido de la sombra queda finalista dos Premios Templis, outorgados pola revista El Templo de las mil puertas.
Obras Literatura infanto-xuvenil Proxecto Bolboreta (2007). Vigo: Xerais. 120 páxs. ISBN 978-84-9782-824-6. ePub: ISBN 978-84-9121-165-5. Violeta Tamurana (2010). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 978-84-92630-85-1. O segredo do lagarto arnal (2012). A Coruña: Baía. ISBN 978-8499950488. Nubes de evolución (2013). Vigo: Xerais. 192 páxs. ISBN 978-84-9914-463-4. ePub: ISBN 978-84-9914-660-7. Miña querida Sherezade (2014). A Coruña: Baía. ISBN 978-8499951447. Volverás, golfiño (2014). Vigo: Xerais. 144 páxs. Ilustracións de Víctor Rivas. ISBN 978-84-9914-579-2. ePub: ISBN 978-84-9914-789-5. Europa Express (2015). Vigo: Xerais. 216 páxs. ISBN 978-84-9914-949-3. Foi traducida ao inglés. ePub: ISBN 978-84-9914-949-3. O que sei do silencio (2018). Vigo: Xerais. 224 páxs. ISBN 978-84-9121-402-1. ePub: ISBN 978-84-9121-398-7. Tradución ao castelán: Lo que sé del silencio (2018). Editorial Algar. ISBN 978-84-9142-360-7 Cuenta nueve estrellas (2019). Madrid: Anaya infantil y juvenil. 152 paxs. Ilustracións de Xavier Bonet. ISBN 978-84-698-4860-9. Tradución ao galego: Conta nove estrelas (2019). Vigo: Xerais, Merlín. 168 páxs. Ilustracións de Paula Mayor. ISBN 978-84-9121-527-1. ePub: ISBN 978-84-9121-533-2. A folla azul (2021). Vigo: Xerais, Merlín. Ilustracións de Sonia García. 184 páxs. ISBN 978-84-9121-844-9. ePub: ISBN 978-84-9121-852-4. Tradución ao castelán: La hoja azul (2021). Madrid: Anaya infantil y juvenil. 168 pags. ISBN 978-84-698-8862-9. Alma de elefante (2022). Madrid: Anaya infantil y juvenil. Ilustracións de Jordi Solano. 160 pags. ISBN 978-84-698-9085-1. Tradución ao galego: Alma de elefante (2023). Vigo: Xerais, Merlín. 168 paxs. Ilustracións de Xavier Bonet. ISBN 978-84-1110-242-1. Que me pare o corazón se te esquezo (2022). Vigo: Xerais, Fóra de Xogo. 224 páxs. ISBN 978-84-1110-142-4. ePub: ISBN 978-84-1110-166-0.. Tradución ao castelán: Que se me pare el corazón si te olvido (2023). Madrid: Anaya infantil y juvenil. ISBN 978-84-143-3571-0. Los prodigiosos: increíble Sofía (2022). Madrid: Editorial Cometa Roja. ISBN 978-84-125902-8-9. Niño y jaguar (2023). Lleida: Editorial Milenio. 125 pags. Ilustracións de Eva Sánchez Gómez. ISBN 978-84-9743-984-8. Burbullas de calma serena (2023). Arzúa: Cuarto de Inverno. 240 páxs. ISBN 978-84-124586-2-6. Ilustracións de Irene Sanjuán. El enigma de Siempreviva (2024). Madrid: Anaya infantil y juvenil. ISBN 978-84-143-3694-6. O enigma de Sempreviva (2025). Vigo: Xerais, Sopa de libros. 144 páxs. ISBN 978-84-1110-617-7. Ilustracións de Sara Porras. El silbido de la sombra (2024). Oxford University Press. Colección Lidera. Erizonte. ISBN 9788419876171. O corvo sobre a neve (2025). Vigo: Xerais, Col. Fóra de xogo. 240 páxs. ISBN 978-84-1110-729-7. ePub: ISBN 978-84-1110-745-7.
Premios Obtivo en varias ocasións o primeiro premio do Certame Literario do Concello de Cambre. Gañadora do I Certame de Micronovela do Concello de Soutomaior. Finalista do VI Premio de Novela Biblos-Pazos de Galicia no 2010. Gañadora do Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil en 2010, por Violeta Tamurana. Finalista do Premio Fundación Nova Caixa Galicia 2011, por Nubes de evolución. Terceiro premio do XIV Premio de poesía Díaz Jácome, por Auga lonxincua en 2013. Gañadora do Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil en 2014, por Miña querida Sherezade. Gañadora do Premio Jules Verne en 2015, por Europa Express. Premio Fervenzas literarias ao mellor libro de literatura xuvenil en 2015, por Europa Express. Premio Lazarillo 2018 á creación literaria Premio dos Clubs de Lectura da Consellería de Educación en 2020. Gañadora do Premio Merlín en 2020, por A folla azul. 2021: XV Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil da Deputación da Coruña, por Que me pare o corazón se te esquezo. 2021, Premio Rosa de los Vientos do Instituto Santiago Apóstol de Bos Aires. XIX Premio Anaya de Literatura Infantil e Xuvenil en 2022, por Alma de elefante. Premio A de la Sociedad Colegial de Escritores ACE y del Grupo de Investigación de Literatura infantil da Universidade Complutense de Madrid (ELLI) 2023, por Alma de elefante. Premio XLI Vila d'Ibi 2023 por El enigma de Siempreviva. Premio Follas Novas a mellor novela xuvenil galega en 2024 por Burbullas de calma serena. Premio Jules Verne 2025, por O corvo sobre a neve.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha da autora en Xerais 20x20px Alicia Martínez e Paula Moar (2018): Book tráiler (XVI): "Volverás, golfiño", de Andrea Maceiras Ficha da autora na Editorial Anaya
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Premio Jules Verne Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1987 Categoría:Gañadores do Premio Merlín