Gonzalo Bouza-Brey Villar, nado en Vilagarcía de Arousa o 18 de abril de 1952 e finado na mesma vila o 23 de decembro de 2012, foi un escritor e político galego.
Traxectoria Estudou no Colexio Manuel Peleteiro de Santiago de Compostela e licenciouse en dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Despois de facer o servizo militar volveu a Vilagarcía de Arousa a traballar no despacho de procurador do seu pai.
Iniciouse na militancia política no PCG da clandestinidade, e convértese nunha das principais figuras comunistas de toda a comarca da Arousa. Foi candidato ao Congreso do PCE pola provincia de Pontevedra nas eleccións de 1979."Pontevedra: Sorpresa en las listas del «PSOE»", La Voz de Galicia, 12-1-1979, p. 17 Foi elixido concelleiro nas primeiras eleccións municipais, precisamente en Vilagarcía, e ocupou o cargo de primeiro tenente de alcalde na primeira corporación democrática, en pacto co PSdeG e co seu alcalde José Recuna.
Animador cultural da vida vilagarciá, foi membro de numerosas asociacións, presidente de congresos poéticos, e poeta e escritor el mesmo, tanto de temas literarios como etnográficos.
Finou en Vilagarcía de Arousa o 23 de decembro de 2012, por unha caída na rúa. Obra Poesía Canto en tres tempos de amor e esperanza (1972) Periplo de amor e mar
Ensaio Ferro Couselo e o Ateneo do Ullán (2000). Luis Bouza-Brey, obra completa. Os arousáns polo mundo. Nós tamén fumos emigrantes (2008). O alcumario de Arousa, do Ullán e do Salnés (2008).
Vida familiar Fillo de Lucho Bouza e Celia Villar, sobriño de Fermín Bouza Brey e irmán de Luís Bouza-Brey. Deixou dous fillos, Gonzalo e Olalla.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Vídeo con fragmentos dunha conferencia impartida por Gonzalo Bouza-Brey, sobre a figura do escritor Xosé Ibáñez.
Categoría:Políticos do PCE Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia
Categoría:Concelleiros de Vilagarcía de Arousa
Categoría:Concelleiros de Galicia durante o franquismo e a transición
Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa
Categoría:Nados en 1952 Categoría:Finados en 2012
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes