José María Minella, nado en 1909 en Mar del Plata e finado o 13 de agosto de 1981, foi un futbolista arxentino que xogaba na demarcación de centrocampista.

Traxectoria Como xogador Comezou a xogar en Independiente de Mar de La Plata e comezou a destacar no Gimnasia y Esgrima La Plata.

En 1935 fichou polo CA River Plate onde foi o 5 titular durante varios anos, incluídos os primeiros de La Máquina, como foi alcumado o equipo millonario neses anos, posteriormente alternou a titularidade con Bruno Rodolfi. En 1942 foi cedido ao CA Peñarol e de aí pasou definitivamente ao Green Cross chileno, despois denominado Deportes Temuco, onde rematou a súa carreira.

Como adestrador Unha vez retirado do fútbol en activo foi adestrador, con grande éxito en River Plate, dirixindo ao equipo dende 1945 a 1957, afrontando a renovación da xeración denominada La Máquina substituíndo as grandes figuras desta (Juan Carlos Muñoz, José Manuel Moreno, Adolfo Pedernera, Ángel Labruna e Félix Loustau) por xogadores como Walter Gómez, Santiago Vernazza, Enrique Omar Sívori ou Norberto Menéndez. Deixaría o banco de River cun saldo de sete campionatos arxentinos, este rexistro so sería superado por Ramón Díaz

Posteriormente adestrou en Colombia, ao América de Cali, e o Uruguai para volver a River en 1963, porén so permanecería un ano no cargo. En 1964 faríase cargo da selección de fútbol da Arxentina, gañando a Copa das Nacións celebrada ese ano no Brasil e clasificando ao combinado para o Mundial de Fútbol Inglaterra 1966, porén a AFA decidiu renovar a dirección da selección. Tras esta destitución Minella retirouse do fútbol.

Palmarés Como xogador TítuloClubPaísAnoCampionato da ArxentinaRiver PlateArxentina1936Campionato da ArxentinaRiver PlateArxentina1937Campionato da ArxentinaRiver PlateArxentina1941

Participación na Copa América TítuloClubSedeAnoCopa AméricaSelección de fútbol da ArxentinaArxentina1937Copa AméricaSelección de fútbol da ArxentinaChile1941

Como adestrador TítuloClubPaísAnoCampionato da ArxentinaRiver PlateArxentina1945Campionato da ArxentinaRiver PlateArxentina1947Campionato da ArxentinaRiver PlateArxentina1952Campionato da ArxentinaRiver PlateArxentina1953Campionato da ArxentinaRiver PlateArxentina1955Campionato da ArxentinaRiver PlateArxentina1956Campionato da ArxentinaRiver PlateArxentina1957

Véxase tamén Outros artigos Estadio José María Minella

Ligazóns externas Biografía do xogador en El Gráfico

Categoría:Nados en Mar del Plata Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1981 Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Futbolistas da Arxentina Categoría:Xogadores do Gimnasia y Esgrima de La Plata Categoría:Xogadores do CA River Plate Categoría:Xogadores do CA Peñarol Categoría:Xogadores do Deportivo Temuco Categoría:Xogadores da selección de fútbol da Arxentina Categoría:Adestradores de fútbol da Arxentina Categoría:Adestradores da selección de fútbol da Arxentina Categoría:Adestradores do CA River Plate Categoría:Adestradores do CA Newell's Old Boys Categoría:Adestradores da SAD América de Cali