Alfonso Trabazo Lorenzo, nado en Silleda o 18 de decembro de 1926 e finado no mesmo concello o 28 de decembro de 1975, foi un empresario e político galego.
Traxectoria Fillo de José Trabazo González e irmán de Antonio Trabazo Lorenzo, que fora alcalde nos anos da II República Española, Trabazo foi concelleiro de Silleda dende 1968 e primeiro tenente alcalde. A finais de xaneiro de 1974 foi nomeado alcalde de Silleda para substituír o falecido Benito Rivas Fondevila.El Pueblo Gallego, 30-1-1974, p. 10. Permaneceu no cargo ata a súa morte en decembro de 1975.
Recoñecementos Unha rúa da vila de Silleda leva o seu nome.
Notas
Categoría:Alcaldes de Silleda Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Silleda Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 1975