El Progreso foi un semanario editado en Pontevedra entre 1865 e 1866.
Traxectoria Subtitulado Periódico científico y literario, apareceu o 10 de agosto de 1865. Fundado e dirixido por Gerardo Rodríguez del Corral. Entre os seus redactores figuraron Celso García de la Riega, Ramón Peinador, Ignacio Rodríguez Prieto e Claudio Figueras. Benito Vicetto foi un dos seus colaboradores. De tendencia liberal avanzada, ocupouse da literatura, ciencia, intereses materiais, morais e sociais. En xaneiro de 1866 sufriu unha suspensión dun mes. Cesou a súa edición o 16 de outubro de 1866.
Tivo unha segunda época en 1867. Aumentou o seu tamaño e cambiou o subtítulo por Periódico semanal de intereses materiales, ciencias, artes y literatura.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra
Categoría:Prensa escrita de Pontevedra Categoría:1865 en Galicia