Alfredo Garasini, nado en 1897 en Buenos Aires e finado o 6 de xaneiro de 1950 foi un futbolista e adestrador arxentino que xogaba na demarcación de dianteiro.
Traxectoria Formado nas categorías inferiores de Boca Juniors, debutando co primeiro equipo o 1 de xuño de 1916. Militou no club un total de 12 tempadas como xogador e 4 como adestrador, case toda a súa carreira futbolística, exceptuando un ano que xogou no Deportivo Norte a causa de problemas coa directiva de Boca e o 29 de xuño de 1920 que xogou para River Plate na Copa Competencia fronte a Atlanta.
Á parte das labores de xogador e adestrador a súa vinculación con Boca foi máis aló, xa que, amais de xogar en tódalas posicións do campo (incluíndo a de gardameta suplindo a Tesorieri), tamén foi masaxista e xuíz de liña, na época en que tódolos clubs achegaban un á competición.
Formou parte da famosa xira que o equipo xeneize realizou por Europa en 1925.
Coa selección de fútbol Debutou coa Selección de fútbol da Arxentina o 25 de outubro de 1924 ante Chile. Tamén xogaría un segundo encontro o 13 de decembro de 1925 ante o Brasil, ante quen anotou un gol.
Como Adestrador Unha vez retirado do fútbol en activo foi adestrador de Boca Juniors entre 1943 e 1945, obtendo dous campionatos arxentinos, en 1943 e 1944.
Faleceu formando parte do corpo técnico do club na cidade de Santa Fe, a onde se trasladou xunto ao equipo para xogar un amigábel ante Colón de Santa Fé.
Palmarés Como xogador TítuloClubPaísAnoAsociación Argentina de FootballBoca JuniorsArxentina1919Copa IbargurenBoca JuniorsArxentina1919Cup Tie CompetitionBoca JuniorsArxentina1919Copa CompetenciaBoca JuniorsArxentina1919Asociación Argentina de FootballBoca JuniorsArxentina1920Asociación Argentina de FootballBoca JuniorsArxentina1923Asociación Argentina de FootballBoca JuniorsArxentina1924Copa CompetenciaBoca JuniorsArxentina1925Asociación Argentina de FootballBoca JuniorsArxentina1926Copa EstímuloBoca JuniorsArxentina1926
Como adestrador TítuloClubPaísAnoAsociación Argentina de FootballBoca JuniorsArxentina1943Asociación Argentina de FootballBoca JuniorsArxentina1944
Distincións individuais DistinciónAnoMáximo goleador da Asociación Argentina de Football1919
Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas do xogador
Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1950 Categoría:Futbolistas da Arxentina Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do CA Boca Juniors Categoría:Xogadores do CA River Plate Categoría:Xogadores da selección de fútbol da Arxentina Categoría:Adestradores de fútbol da Arxentina Categoría:Adestradores do CA Boca Juniors