A bertorella é un peixe mariño da familia dos fícidos (Phycidae), dentro da orde dos Gadiformes.
Distínguense dúas especies: a bertorella da lamaVV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega (Phycis blennoides, Brünnich 1768) e a bertorella de rocha (Phycis phycis, Linnaeus 1766).
Descrición O corpo é longo e afiado, alcanzando tamaños máximos de ata 110 cm con pesos máximos de 3,5 kg (Fish Base), aínda que o habitual é que veñan medindo entre 30 e 45 cm. O corpo é alargado, de cor castaña ou gris avermellada no dorso, aclarando cara ao branco no ventre.
As aletas non posúen radios espiñosos, se ben a primeira dorsal presenta os primeiros radios claramente alargados. Nas aletas pectorais hai un primeiro radio libre moi longo, que alcanza o nacemento da aleta anal.
Un elemento característico son as pequenas barbas na queixada inferior, que tamén se presenta noutras especies de gadiformes, e de aí os nomes populares de barbada ou faneca barbuda.
Hábitat e distribución Habitan a costa oeste do Atlántico, entre os 20º Norte e os 71º Norte, desde Noruega e Islandia ata Cabo Verde en África. A área de distribución inclúe o Mediterráneo.
Son especies bentopeláxicas e oceanodromas, que viven en augas de profundidades comprendidas entre 100 e 450 m, pero tamén poden pescarse ata os 1000 metros.
Aliméntanse de peixes de fondo, crustáceose moluscos.
As bertorellas en Galicia Ríos Panisse recolleu para estas especies o nome de bertorella (e mais bertoella, bertorello ou bertuella) xunto cunha ampla sinonimia na costa galega: abretán, abrotia, barbada (de altura, de fóra), babosa, basoca, bertán, cangrexa, faneca barbuda ou lorcha, ademais dos castelanismos brota e brótola.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía DIRECCIÓN XERAL DE FORMACIÓN PESQUEIRA: Guía do consumidor de peixe fresco. Xunta de Galicia 1999. RÍOS PANISSE, M. Carmen: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 (1977) de Verba.
Ligazóns externas Ficha en FishBase Ficha en ITIS
Categoría:Gadiformes