O CD14 (cluster de diferenciación 14) é unha proteína do sistema inmunitario innato codificada en humanos polo xene CD14 do cromosoma 5, que é un marcador de superficie celular e receptor.

Esta proteína CD14 pode existir en dúas formas: como proteína ancorada na membrana por unha cola glicosilfosfatidilinositol (chamada mCD14) ou como proteína soluble (chamada sCD14). O CD14 soluble aparece ao desprenderse da membrana o mCD14 (48 kDa) ou é segregada directamente procedente de vesículas intracelulares (56 kDa).

O CD14 foi o primeiro receptor de recoñecemento de padrón que foi descrito.

Función O CD14 actúa como correceptor (xunto co receptor de tipo Toll TLR 4 e MD-2) na detección do lipopolisacárido (LPS) bacteriano. O CD14 pode unirse ao LPS só en presenza de proteína de unión ao lipopolisacárido (LBP). Aínda que o LPS se considera o seu principal ligando, o CD14 tamén recoñece outros padróns moleculares asociados a patóxenos.

miniatura|esquerda|500px|Vía de sinalización dos receptores de tipo Toll. As liñas grises descontinuas representan asociacións descoñecidas.

Distribución nos tecidos O CD14 exprésase principalmente en macrófagos e (nun grao 10 veces menor) en neutrófilos. Tamén se expresa en células dendríticas. Baixas concentracións da forma soluble sCD14 segregada polo fígado e monocitos son dabondo para conferir sensibilidade ao LPS a células que doutro modo non expresan o CD14. O sCD14 está tamén presente no leite humano, no cal se cre serve para regular o crecemento microbiano no intestino do neno lactante.

Diferenciación O nivel de expresión de CD14 nos monocitos (comparado co CD16) utilízase para saber o grao de diferenciación e tipos destas células (monocitos clásicos, non clásicos e intermedios). Os linfocitos CD14+ CD16++ (con máis CD16 ca CD14) estimulados por produtos bacterianos producen citocinas.Loems Ziegler-Heitbrock, Petronela Ancuta, Suzanne Crowe, Marc Dalod, Veronika Grau, Derek N. Hart, Pieter J. M. Leenen, Yong-Jun Liu, Gordon MacPherson, Gwendalyn J. Randolph, Juergen Scherberich, Juergen Schmitz, Ken Shortman, Silvano Sozzani, Herbert Strobl, Marek Zembala, Jonathan M. Austyn, Manfred B. Lutz. Nomenclature of monocytes and dendritic cells in blood. Blood. doi: 10.1182/blood-2010-02-258558. 21 de outubro de 2010 vol. 116 no. 16 e74-e80.

Interaccións O CD14 interacciona coa proteína de unión ao lipopolisacárido.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas MeshName - CD14+Antigens Mapa dos antíxenos CD de rato Mapa dos antíxenos CD humanos

Bibliografía

Categoría:Antíxenos CD