A arola ou mexarela (Lutraria lutraria, Linnaeus 1758) é un molusco bivalvo pertencente á familia dos máctridos (Mactridae), de tamaño relativamente grande. Existe outra especie semellante, a Lutraria magna, que se caracteriza pola marxe dorsal curvada cara a dentro, e cuncha máis robusta e de cor parda sucia. Non adoita superar os 10 cm de lonxitude.

Descrición A cuncha é de perfil elíptico, cuns 13 cm de lonxitude e unha anchura duns 5–6 cm. As valvas non pechan polos extremos, deixando certa separación. A cor habitual é branca ou amarelenta, pero o perióstraco é dun castaño escuro.O perióstraco é unha película externa da cuncha dos moluscos, composta unicamente de materia orgánica. Polo interior é branca coa marca do seo paleal ben visible. Presenta unha liñas de crecemento concéntricas moi finas.

Na valva dereita hai dous dentes cardinais e outro lateral; a esquerda ten dous cardinais e dous laterais.

Os sifóns son notablemente longos e fortes.

Hábitat e bioloxía Vive sobre fondos de area, limo ou grava, ata uns 100 metros de profundidade. Distribúese pola costa leste do Atlántico, desde Noruega ata o sur de África.

Aproveitamento pesqueiro e comercial miniatura|dereita|350px|Cuncha da arola (interior á esquerda, exterior á dereita) A arola é un molusco comestible pero tan pouco apreciada que non se practica a captura desta especie. Cando se pesca, dedícase exclusivamente á conserva.

Rosa Ramonell achega o dato histórico de que os romanos incluían arolas nos seus banquetes.

A arola en Galicia Ríos Panisse recolleu para esta especie a seguinte sinonimia: ameixola da lama, navallón (porque lembra á navalla) e zapatela, ademais de mexarela, mexona, mixela ou mixota, nomes estes debidos ós fortes chorros de auga que expulsa polos sifóns.

Eladio Rodríguez recolle a locución Vaite á arola, fórmula de desentendemento que expulsa a alguén molesto.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía RAMONELL, Rosa: Guía dos mariscos de Galicia. Galaxia, Vigo 1985. RÍOS PANISSE, M. Carmen: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 (1977) de Verba. RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Galaxia, Vigo 1958-1961. Outros artigos Lista de bivalvos de Galicia

Categoría:Veneroideos Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Moluscos de Galicia