A igrexa de Santiago de Taboada é a igrexa parroquial de Taboada, no concello pontevedrés de Silleda.
Descrición Situada ao pé da Vía da Prata e próxima á estrada N-525, esta igrexa presenta unha porta principal con arquivolta cun tímpano no que se representa a Sansón loitando contra o león. De fábrica do século XIII, destaca unha ventá de medio punto situada na ábsida, sendo esta rectangular. No interior destaca o retablo de Santiago a cabalo, do século XVIII.
Próximos a igrexa, atópanse un cruceiro e un sarcófago con forma de home.
Véxase tamén
Categoría:Igrexas de Silleda Categoría:Igrexas románicas de Galicia Taboada