O CD15 (cluster de diferenciación 15) ou 3-fucosil-N-acetil-lactosamina é un antíxeno da superficie celular, principalmente de neutrófilos e certas células tumorais, que media a fagocitose e a quimiotaxe. Quimicamente o CD15 é un carbohidrato, non unha proteína.MeshName - CD15+Antigen Funciona como molécula de adhesión que pode expresarse formando parte de glicoproteínas, glicolípidos e proteoglicanos.

O CD15 encóntrase en neutrófilos,monocitos e promielocitos, e exprésase en pacientes da enfermidade de Hodgkin, algunhas leucemias linfocíticas crónicas de células B, leucemias linfoblásticas agudas, e na maioría de leucemias non linfocíticas. Tamén se chama Lewis x e SSEA-1 (stage-specific embryonic antigen 1, antíxeno embrionario específico de etapa 1) e representa un marcador para as células nai pluripotenciais murinas, nas cales xoga un importante papel na adhesión e migración das células no embrión preimplantación. Sintetízano o encima FUT4 (fucosiltransferase 4) ou o FUT9.

Importanica diagnóstica O CD15 está presente en case todas as células Reed-Sternberg, incluíndo as súas raras variantes mononucleares, e utilízase en inmunohistoquímica para identificar a presenza de ditas células nas biopsias. A presenza destas células serve para diagnosticar o linfoma de Hodgkin. As células de Reed-Sternberg mostran un patrón característico de positividade para o CD15, con tinguidura da membrana plasmática combinada con tinguidura do aparato de Golgi. Os paneis inmunohistoquímicos para a diagnose da enfermidade de Hodgkins empregan xeralmente o CD15 xunto co CD30 e o CD45; este último non se tingue nas células de Reed-Sternberg pero si en case todas as outras células linfoides. O CD15 está tamén presente en case o 50% das células de adenocarcinoma e pode usarse para distinguir esta condición do mesotelioma, que é tipicamente negativo.

Notas

Categoría:Antíxenos CD