O ferreiriño palustre (Poecile palustris, antes Parus palustris) é unha ave paseriforme da familia dos páridos. É tan semellante a Poecile montanus que non foi descuberto como especie diferente ata 1888.Mitchel (1976)
Morfoloxía e hábitos Ten unha lonxitude duns 11,5 cm e un peso de 11 gramos. Corpo gris con lombo pardoSanz-Zuasti & Velasco (2005), p. 408 e parte superior da cabeza negra con pico negro; as pata son gris-azuladas.Sáez-Royuela (1980), p. 976
Hábitat O seu hábitat predilecto son as fragas de monte baixo ou bosques mixtos con coníferas, hortos e montañas ata os 1.400 metros de altitude. Prefire os lugares húmidos e sombríos preto de ríos e arroios. Aliméntase de insectos e sementes.
Reprodución
Pon o niño en ocos de árbores. Normalmente as postas son de 7-8 ovos e fanse entre abril e maio. O tempo de incubación é de 12-13 días. Os polos comezan a abandonar o niño ós 17-20 días trala eclosión.
Distribución Presente en toda Europa Occidental e central, agás a Península Ibérica (coa excepción da franxa pirenaica), e na zona oriental de Asia.
Notas
Véxase tamén Bibliografía "100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas". C. D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís, Atocha Ramos Martínez. Editado polo Concello do Grove. Depósito Legal: C 2423-2009.
Categoría:Páridos Categoría:Animais descritos en 1758