miniatura|350px|1. Cuncha; a) Pé; b) Sifóns; c) Orificio inhalante; d) Orificio exhalante. 2. Cuncha; e) Protoplax A folada, broca ou mangón (Pholas dactylus, Linneaeus 1758) é un molusco bivalvo mariño pertencente á familia Foládidos (Pholadidae), da orde Myoida. Son quen de perforar as rochas creando galerías nas que se agochan e protexen.

Morfoloxía A cuncha é fráxil, de valvas iguais pero cunhas prolongacións no umbo O umbo é o vértice onde se unen as dúas valvas dos moluscos bivalvos. Representa o punto inicial do crecemento da cuncha, chamadas protoplax, que fan que as valvas rematen sendo diferentes. O perfil é elíptico, cunha zona apuntada na marxe anterior. Poden alcanzar medidas de 13–15 cm de lonxitude. As valvas quedan separadas nos extremos da cuncha.

A superficie das valvas mostra unhas 24 costelas concéntricas cruzadas por 40 costelas ou máis radiadas, aparecendo unhas pequenas espiñas nos puntos onde se cruzan unhas e outras.

A cor típica é branca amarelenta ou gris clara, manchada con restos da rocha na que viven. O interior é branco brillante.

Posúe dous sifóns longos que están soldados en case toda a súa lonxitude.

Hábitat e bioloxía Vive na zona infralitoral, en augas pouco profundas, distribuído irregularmente por toda a costa europea do Atlántico ata Marrocos, entrando tamén no Mediterráneo e Mar Negro.

Habita en galerías horizontais de ata 10 cm de profundidade que escava nas rochas brandas e nas madeiras somerxidas, coa rexión anterior do corpo no fondo do burato. É grazas a esas espiñas que cobren a cuncha como conseguen furar a rocha, e quizais con algunha secreción corrosiva.

Esta especie é bioluminiscente, propiedade que quizais obedece a razóns defensivas.

A folada en Galicia Ríos Panisse atopou a seguinte sinonimia para designar este molusco: ameixa brava, ameixa de can, ameixendra, broca, cadelucha, caíño ou mangón.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía RAMONELL, Rosa: Guía dos mariscos de Galicia. Galaxia, Vigo 1985. RÍOS PANISSE, M. Carmen: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 (1977) de Verba. Outros artigos Lista de bivalvos de Galicia

Categoría:Bivalvos Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Moluscos de Galicia Categoría:Taxons descritos por Linné