O saltón (Laevicardium crassum, Gmelin 1791; antes L. norvegicum) é un molusco bivalvo pertencente á familia dos cárdidos (Cardiidae), da orde Veneroida.

Morfoloxía Ten unha cuncha sólida, forte, equivalva e equilateral, co umbo centrado. Forma redondeada ou ovalada e tamaño máximo de 8 cm de diámetro.

A cuncha é practicamente lisa, aínda que presenta 40-50 costelas radiais moi pouco marcadas, só apreciables nas proximidades da marxe libre. Tamén se poden apreciar as liñas de crecemento concéntricas.

A cor é castaña clara ou crema, normalmente con manchas irregulares algo máis escuras, máis visibles na rexión do umbo. O interior é branco, ás veces con tons rosados ou alaranxados, e mostra na marxe as estrías correspondentes ás costelas (a este carácter debe o nome castelán de almeja dentada).

Hábitat e bioloxía Esta especie está amplamente distribuída.

Ríos Panisse non recolle esta especie nas costas galegas. Notas

Véxase tamén Bibliografía RAMONELL, Rosa: Guía dos mariscos de Galicia. Galaxia, Vigo 1985.

Outros artigos Lista de bivalvos de Galicia

Ligazóns externas

Ficha en World Register of Marine Species Ficha en Asturnatura.com

Categoría:Veneroideos Categoría:Moluscos de Galicia Categoría:Animais descritos en 1791