miniatura|Manolo Barreiro Núñez "Budiño" á gaita. Manuel Barreiro Núñez, nado en 1920 e finado en 1979, e máis coñecido como Budiño, foi un gaiteiro galego nado no lugar do Casal en Moaña.
Foi membro fundador do grupo de gaitas Brisas do Mar de Moaña.
Traxectoria Desde novo iníciase no mundo da gaita. Construía as súas propias gaitas de cana e de sabugueiro. Foi mariñeiro. Xa con 14 anos se embarca e sofre un naufraxio en 1955 nas Illas Cíes, no que sobreviven todos gabeando polas rochas dos cantís e sendo socorridos polo fareiro da illa. Tamén traballou de caseiro no pazo dos Montenegro, no Rosal (Moaña).
Organizaba roldas ou coros de Nadal e reis, e colabora xa desde os anos 50 na Sección Feminina de Coros e Danzas Rexionais de Moaña, grupo de oito parellas e catro pandeiretas dirixido por Lola "a do Quisque".
Brisas do mar estaba composto por Manuel Barreiro "Budiño", sr. Lucha, Celso de López, Jaime de Soledá, Lolo o "Grolo" e Suso de Soledá. Tamén teñen tocado coa formación os seus fillos, Manuel Barreiro e Pepe Barreiro. O grupo actuou por numerosos lugares de Galicia e o resto da península. De entre todas estas actuacións hai que destacar a actuación que fixeron xunto co grupo de baile diante de Eva Perón cando visitou Vigo (xuño de 1947), no hotel Universal.
A mediados dos anos 50 fanse cuns cabezudos en Vigo para desfilar nos pasarrúas das festas do carme de Moaña. Costume que mantiveron ata 1977. Tamén foron asiduos das festas de A Guarda.
Véxase tamén Bibliografía Moaña, historia fotográfica ,Vol. II; VV.AA.; Agrupación Cultural Nós(Editora), 2011. A freguesía de Moaña. Apuntamentos históricos e etnográficos, García, Manuel Uxío; Chapela, Luís; Villaverde, Xosé C (Editores), 2013, pp.517-521.
Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Gaiteiros de Galicia Categoría:Nados en Moaña Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 1979