O CD21 (cluster de diferenciación 21), tamén chamado receptor do complemento 2 ou receptor do compoñente do complemento (3d/virus de Epstein Barr) 2 ou CR2 é unha proteína da superficie celular de certas células inmunes (fundamentalmente) que se une a certos compoñentes do sistema do complemento. Nos humanos está codificado no xene CR2 do cromosoma 1. Este receptor únese ao iC3b (derivado inactivo do C3b), C3dg, ou C3d do complemento.Frank K, Atkinson JP (2001). "Complement system." In Austen KF, Frank K, Atkinson JP, Cantor H. eds. Samter's Immunologic Diseases, 6th ed. Vol. 1, p. 281-298, Philadelphia: Lippincott Williams & Wilkins, ISBN 0-7817-2120-2. As células B teñen receptores CR2 nas súas superficies, o que permite que o sistema de complemento xogue un papel na activación e maduración das células B.

Pode encontrarse en linfocitos B maduros, linfocitos T, células do epitelio farínxeo, astrocitos e células dendríticas foliculares do bazo.UniProt CR2 HUMAN

Interaccións O CR2 nas células B maduras forma un complexo con outras dúas proteínas de membrana, o CD19 e o CD81(=TAPA-1). O complexo CR2-CD19-CD81 chámase a miúdo complexo correceptor de células B,Abbas AK, Lichtman AH (2003). Cellular and Molecular Immunology, 5th ed. Philadelphia: Saunders, ISBN 0-7216-0008-5 porque o CR2 se une a antíxenos por medio do C3d (ou iC3b ou C3dg) unidos cando a IgM de membrana se une ao antíxeno. Isto dá lugar a que a célula B desenvolvan unha resposta moi ampliada ao antíxeno.

O receptor do complemento 2 interacciona con CD19.

O virus de Epstein-Barr (EBV) únese ás células B no CR2 durante a infección destas células. Yefenof et al. (1976) encontraron un completo solapamento dos receptores do EBV e os receptores do compoñente do complemento 3 (C3) en células B humanas.OMIM COMPLEMENT COMPONENT RECEPTOR 2; CR2

Isoformas

O xene canónico Cr2/CD21 de mamíferos subprimates produce dous tipos de receptor do complemento (CR1, ca. 200 kDa; CR2, ca. 145 kDa) por medio de empalme alternativo do ARNm. O xene murino Cr2 contén 25 exóns; un primeiro exón común empálmase co exón 2 en transcritos que codifican CR1 e co exón 9 nos que codifican CR2. Un transcrito cun marco de lectura aberto de 4224 nucleótidos codifica a isoforma longa CR1; esta predise que é unha proteína de 1408 aminoácidos que inclúe 21 repeticións consenso curtas (SCR) de ca. 60 aminoácidos cada unha, ademais de rexións transmembrana e citoplásmica. A isoforma CR2 (de 1032 aminoácidos) é codificada por un transcrito máis curto (3096 nucleótidos codificantes) que carece dos exóns 2–8 que codifican SCR1-6. CR1 e CR2 en células B murinas forman complexos cun complexo de activación coaccesorio que contén as proteínas CD19, CD81 e o fragilis/Ifitm (equivalentes murinos de LEU13).

O xene CR2 de primates produce só a isoforma máis pequena CR2; o receptor do complemento 1 de primate, que recapitula moitos dos dominios estruturais e supostas funcións do CR1 derivado de Cr2 en subprimates, está codificado por un xene CR1 distinto (aparentemente derivado do xene Crry de subprimates).

As isoformas CR1 e CR2 derivadas do locus Cr2 de non-primates posúen a mesma secuencia C-terminal, de maneira que a asociación con ela e a activación por medio de CD19 debería ser equivalente. CR1 pode unirse aos complexos C4b e C3b, mentres que CR2 (murino e humano) únese a complexos unidos a C3dg. CR1, unha proteína de superficie producida principalmente polas células dendríticas foliculares, parece ser esencial para a xeración de células B debidamente activadas do centro xerminal e para as respostas de anticorpos maduros a infeccións bacterianas.

Inmunohistoquímica Aínda que o CR2 está presente en todas as células B maduras e células dendríticas foliculares (FDCs), este só se fai aparente cando se realiza a inmunohistoquímica en preparacións obtidas por criosección. En mostras de tecidos convencionais embebidas en parafina, soamente as células dendríticas foliculares reteñen o patrón de tinguidura. Como resultado, o CR2, chamado máis comunmente CD21 no contexto de inmunohistoquímica, pode usarse para demostrar a presenza da rede de células dendríticas foliculares en tecidos linfoides.

Esta característica pode ser útil no exame de tecidos nos que o centro xerminal normal foi borrado por procesos de doenzas, como a infección do VIH. O patrón da rede de células dendríticas foliculares pode tamén ser alterado nalgunhas condicións neoplásticas, como os linfomas MALT de células B, linfomas de células do manto, e algúns linfomas de células T. A enfermidade de Castleman está tipificada pola presenza de células dendríticas foliculares, e esta e os tumores de células dendríticas foliculares malignos poden, por tanto, ser demostrados usando anticorpos CR2/CD21.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Receptor do complemento

Bibliografía

Ligazóns externas MeshName - Complement+Receptors+2

Categoría:Antíxenos CD Categoría:Sistema do complemento