A groselleira verde, groselleira espiñosa ou rañeiro No Diccionario Cumio da lingua galega de Edicións do Cumio, 1999, recóllese o nome vulgar sorbeira, mais cremos que é un erro, por se tratar doutra especie. Na 'Nomenclatura vernácula da flora vascular galega' recóllense as denominacións groselleira espiñenta e uva espín (Ribes uva-crispa), é un arbustiño orixinario de Europa, o noroeste de África e o suroeste de Asia Menor; pertence ao subxénero Grossularia, ás veces tratado coma un xénero diferente dentro de Ribes, comprendendo as diferentes especies hirsutas de groselleiras. A groselleira espiñenta americana, Ribes hirtellum, está estreitamente emparentada, e é doada a confusión a simple vista; ambos os dous posúen talos espiñentos e presentan as flores terminais illadas, en parellas ou tríos, non en acios. O froito é a uva espiñaNome dado por E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992) en Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia O froito é semellante a un bago verde miúdo e comestíbel. En Galiza úsase principalmente en xardinaxe, sendo rara brava.
Descrición thumb|Grosellas verdes. Arbusto de entre 1 a 3 m de altura, densamente ramificado e cuberto de espiñas; as follas son trilobuladas ou pentalobuladas, profundamente crenadas, coas nervaduras ben marcadas. As flores son acampanadas, axilares, xorden solitarias ou en parellas, pedunculadas. O froito é unha falsa baga comestíbel de aparencia pilosa, semellante a unha uva branca e normalmente de cor verde, aínda que en ocasións se dan variantes arroibadas e púrpura escura, dáselle o nome galego de uva espiña (ou uva espín) e tamén raño e certas zonas.
Distribución e hábitat A groselleira espiñenta é nativa de Europa e mais do suroeste asiático. Medra de xeito espontáneo en zonas alpinas, penedentas e vizosas das rexións máis meridionais, dende o leste de Francia até o Himalaia ou a India peninsular. Na Gran Bretaña adóitase atopala en fraguiñas ou formando sebes, mais é unha planta cultivada dende hai tanto tempo que non é doado distinguir os exemplares bravos dos cultivados, ou se se pode considerar como flora nativa da illa. É común tamén nas abas baixas dos Alpes de Piemonte e Savoia e, non se sabe con certeza se xa os romanos a coñecían, aínda que se cre posíbel que Plinio o Vello fixese unha pequena alusión a ela nunha pasaxe da súa obra Naturalis Historia. En Galiza o seu cultivo é recente, aparecendo en xardíns particulares coma ornamental.
Cultivo O xeito máis sinxelo de propagar as variedades é por espeques espichados polo outono; estes prenden axiña e nuns cantos anos forman uns bos arbustos froiteiros. Existe bastante discrepancia no xeito de os podar; é probábel que cada situación requira diversos tratamentos. Os froitos nacen nos esporóns laterais e nos gomos do ano anterior, polo que se adoitan acurtar as pólas laterais no inverno, antes de que as xemas comecen a grelaren; hai quen reduce os gomos principais máis longos ao mesmo tempo, mentres outros prefiren tiralos polo verán, cando aínda son tenros.
Usos As grosellas son ben coñecidas na elaboración de sobremesas doces, como tortas, batidos e crumbles. Poden conservarse secas, en xarope azucrado ou coma marmelada. Tamén se utilizan para aromatizar bebidas e licores o elaborar viño de froita.
Taxonomía Ribes uva-crispa foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 201. 1753. Sinonimia Grossularia glandulososetosa Opiz Grossularia hirsuta Mill. Grossularia intermedia Opiz Grossularia pubescens Opiz Grossularia reclinata (L.) Mill. Grossularia spinosa (Lam.) Rupr. Grossularia uva Scop. Grossularia uva-crispa (L.) Mill. Grossularia uva-crispa subsp. lasiocarpa (Gaudin ex Monnier) Dostál Grossularia uva-crispa subsp. reclinata (L.) Dostál Grossularia vulgaris Spach Oxyacanthus sativus Chevall. Oxyacanthus uva-crispa (L.) Chevall. Ribes aculeatum Salisb. Ribes caucasicum Adams ex Schult. Ribes crispum Dulac Ribes dubium Jacques Ribes grossularia L. Ribes grossularia var. vulgare Jancz. Ribes grossularium St.-Lag. Ribes hybridum Besser Ribes reclinatum L. Ribes spinosum Lam. en PlantList Notas
Véxase tamén Groselleira
Bibliografía
Flora of North America Editorial Committee. 2009. Magnoliophyta: Paeoniaceae to Ericaceae. 8: i–xxiv, 1–585. In Fl. N. Amer.. Oxford University Press, Nova York. Gleason, H. A. & A. J. Cronquist. 1991. Man. Vasc. Pl. N.E. U.S. (ed. 2) i–910. New York Botanical Garden, Bronx.
Ligazóns externas
Categoría:Bagas Categoría:Ribes Categoría:Froitos do bosque Categoría:Arbustos Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Plantas descritas en 1753