miniatura|Esquema dos lobos do fígado. Un lobo ou lóbulo hepático é cada unha das partes nas que se subdivide o fígado. O fígado está formado por catro lobos:

Lobo dereito, situado á dereita do ligamento falciforme hepático. Lobo esquerdo, pousado sobre o estómago e situado á dereita do ligamento falciforme hepático. Lobo cadrado, visíbel soamente na cara inferior do fígado, atópase limitado polo sulco umbilical á esquerda, o leuto vesicular á dereita e o hilo do fígado por atrás. Lobo caudado ou Lobo de Spiegel, situado entre o bordo posterior do hilo hepático por diante e a vea cava por atrás.

Véxase tamén

Outros artigos Lobo (anatomía)

Categoría:Fígado