Os Premios Gaudí son uns galardóns outorgados pola Academia do Cine Catalán que recoñecen as mellores producións cinematográficas catalás do ano. Substitúen ao Premio Barcelona de Cine, creado en 2002, e púxoselles o nome en honor do arquitecto catalán Antoni Gaudí.
O trofeo foi deseñado por Montserrat Ribé, e está inspirado nas chemineas da Pedrera, unha das obras máis recoñecidas do singular arquitecto. As primeiras candidaturas ás diferentes categorías fixéronse públicas o 23 de decembro de 2008, e os primeiros premios foren outorgados o 19 de xaneiro de 2009.
Categorías Gaudí de Honra Mellor película en lingua catalá Mellor película en lingua non catalá Mellor director Mellor documental Mellor película de animación Mellor película para televisión Mellor película europea Mellor guión Mellor actor principal Mellor actriz principal Mellor actor secundario Mellor actriz secundaria Mellor fotografía Mellor música orixinal Mellor montaxe Mellor dirección artística Mellores efectos especiais Mellor son Mellor curtametraxe Mellor vestiario Mellor maquillaxe e peiteado Mellor dirección de produción
Historial Edición Ano LugarI 2009 Cinema Coliseum de BarcelonaII 2010 Cinema Coliseum de BarcelonaIII 2011 Teatre Artèria Paral·lel de BarcelonaIV 2012 Teatre Artèria Paral·lel de BarcelonaV 2013 BTM de BarcelonaVI 2014 BTM de BarcelonaVII 2015 Sant Jordi Club de BarcelonaVIII 2016 CCIB de Barcelona
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Academia do Cine Catalán Premios Barcelona de Cine
Categoría:Premios de cinema de Cataluña Categoría:Cultura de Cataluña