Silvia Penas Estévez, nada en Vigo o 6 de outubro de 1980, é unha escritora galega. Traxectoria dereita|miniatura|Antonio Reigosa, Afonso Becerra, Silvia Penas e Miguel Sande no congreso Nós tamén navegar. 40 anos de poesía galega, no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Realizou estudos de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo e exerceu como profesora de lingua e literatura galega.
Ten participado en recitais do colectivo das Redes Escarlata, ao que pertence.
Participou na creación da peza teatral Sofía e as postsocráticas da Compañía Inversa teatro, na que actuou e achegou textos. Creou co músico Jesús Andrés Tejada do grupo de poesía escénica Cintaadhesiva, encargándose do texto e da voz.
Entre o 2014 e o 2016 encargouse da organización e impartición dos cursos de Slam (spoken word) do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo do Concello de Vigo. Imparte obradoiros de poesía en Vigo e contorna.
En febreiro de 2019 o concello de Vigo grava en bronce os seguintes versos na rúa peonil do Príncipe xunto con algúns de María Reimóndez e María Xosé Queizán.
"A elas que nos edificaron polas marxes do Lagares..."
Nunha cita sobre a arte poética afirma: "A poesía é unha clase de perseveranza sobre o terreo queimado, a confianza en que, en lugar de que volva arder, alume".
Con Samuel Merino (Pompa e Boato) en 2025 representaron De rota raposa.
Obra Poesía miniatura|Con Tamara Andrés e Marcus Daniel Cabada en Pontevedra en 2019 As uñas crecen (2014). Sotelo Blanco. 44 páxs. ISBN 978-84-7824-633-5. Diario de ladras, bailarinas, asasinas e flores (2015). Fervenza. 54 páxs. ISBN 978-84-944750-1-6 . Fronteira paraíso (2019). Fotografías de Andrés Tejada. Editorial Urutau. Brasil. 64 páxs. Area Erina di do libro: "A foto desenfocada de Paraíso non deixa fechar os ollos. Como será durmir nun un lugar que non é lugar? É un tempo, de noite? É a idelización que todas herdamos materializada nunha casa, unha fiestra, un xardín…Unha diana contra a que o propio amor dispara a matar". O resto é ceu (2021). Editorial Urutau. ISBN 978-65-5900-056-2. Retratos de vodas, partos e funerais (2023). Vigo: Galaxia. 82 paxs. ISBN 978-84-1176-158-1. O resto é ceo = El resto es cielo (2023). Bilingüe. Malafera. Prologada por Quico Cadaval e con capa de Ramón Trigo. A pel do exilio (2025). Culleredo: Espiral Maior. 69 páxs. ISBN 9788412893243. Vestido de veleno / Vestit de verí (2025). Estudis Gallecs i Portuguesos, Universitat de Barcelona / Chan da Pólvora. Tradución de Jun Komura. 33 páxs. Edición non venalhttps://hdl.handle.net/2445/226386.
Obras colectivas Biografía da multitude (2009). Con Elvira Riveiro. Instituto de Estudos Miñoranos. 62 pásx. ISBN 978-84-92590-61-2 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015). Libro electrónico.
Premios 2005: Premio de poesía da Universidade de Vigo por Neste bosque, poema en cinco partes. 2007: Premio do Certame Galego de Creadores GZ Crea por A tiranía do des. 2012: Premio de poesía Victoriano Taibo por Biografía da Multitude, libro escrito xunto a Elvira Riveiro. Gañou o premio ex aequo con Cuarto Minguante, de María Carmen Caramés Gorgal. 2012: Premio de poesía Manuel Lueiro Rey por As uñas crecen. 2013: Foi gañadora do Slam Arousa e do I Slam Vigo e seleccionada para participar no Slam estatal en Madrid e no Slam Internacional de Barcelona durante o ano 2013. 2015: Premio de poesía Avelina Valladares do Concello da Estrada no 2015, por Diario de ladras, bailarinas, asasinas e flores. 2018: Residencia artística internacional para creación de performance poética. Poetri Slam Lisboa.
2024: Premio de poesía Concello de Carral por A pel do exilio. 2024: Premio Follas Novas por Retratos de vodas, partos e funerais (Galaxia). 2024: Premio aRi[t]mar a Mellor Poesía do Ano 2023 na Galiza por Canto segundo para un fillo non nado. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en As escollas electivas. Cintaadhesiva. Derrota programada. Letra e voz: Silvia Penas. Entrevista de Montse Dopico en Praza Pública Audiovisual, A praia. Poema e voz: Silvia Penas Estáevez Música: Jesús Andres Tejada, Pablo Muñiz. Vídeo: Area Erina Audiovisual, The Caretaker. Festival Slam Internacional. 2018 Portugal. Foro de poesía junto a la italiana Laura Accerboni. Centro Agora Organizado por Yolanda Castaño. A Coruña 2016
Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1980 Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo