William Eugene Smith, nado en Wichita, (Kansas) o 30 de decembro de 1918 e finado en Tucson (Arizona) o 15 de outubro de 1978, foi un fotoxornalista estadounidense membro de Magnum Photos.

Traxectoria Ao longo da súa extensa carreira, Smith destacou polas súas reportaxes sobre as batallas da segunda guerra mundial, como a Batalla de Iwo Jima, o mundo do jazz entre os 50 e 60, e a súa cobertura da catástrofe de Minamata no Xapón.

Arriscaba facendo o seu traballo; na guerra ferírono de morteiro e, cando anos despois investigaba á empresa química que provocara o envelenamento de Minamata, uns traballadores déronlle unha brutal malleira da que case non sae con vida. Sobreviveu, pero como secuela perdeu gran parte da visión dun ollo.

Véxase tamén Ligazóns externas Memorial Eugene Smith

Categoría:Fotógrafos dos Estados Unidos de América Categoría:Fotógrafos de Magnum Photos Categoría:Nados en Kansas Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 1978