alt=Euloxia de terracota, no museo do Louvre|miniatura|Euloxia de terracota, no museo do Louvre Euloxia provén do grego ευλογία, "unha bendición". Dise dos obxectos bendicidos. Nos escritos de Cirilo de Alexandría refírese ao pan e mais ao viño. Exeria, a viaxeira galega sinalaArce, Agustín (1996).: Itinerario de la virgen Egeria. Bilioteca de autores cristianos. Madrid. "dignáronse ademais darme, a min e aos que ían comigo, euloxias, como os monxes acostuman dar, pero só aos que reciben con gusto nos seus eremitorios" nun comentario que fai na súa visita á localidade de Charrán, no límite oriental do Imperio romano. Ó longo do Itinerario de Exeria, ela conta que as euloxias en ocasións eran un froito do lugar, unha vasilla de aceite para a lámpada ou calquera obxecto entregado no momento da despedida para lembrar os momentos vividos.
Referencias ao termo Paulo de Tarso (1 Cor. 10,16): "to poterion tes eulogias ho eulogoumen". Agostiño de Hipona (De pecat. Merit., II, 26): "Quod acceperunt catechumeni, quamvis non sit corpus Christi, sanctum tamen est, et sanctius quam cibi quibus alimur, quoniam sacramentum est" (O que os catecúmenos reciben, aínda que non é o Corpo de Cristo, é santo, ---máis santo, de feito, que a nosa alimentación habitual, xa que é un sacramentum). Na Regra Beneditina prohíbeselles aos monxes recibir "litteras, eulogias, vel quaelibet munuscula" sen permiso do abade. Indicando que non podían recibir agasallos. Itinerarium Peregrinatio - Capítulo III: "Iam ut exiremus de ecclesia, dederunt nobis presbyteri loci ipsius eulogias, id est de pomis quae in ipso monte nascuntur". (Xusto cando estabamos a piques de saír da igrexa, os curas do lugar déronnos euloxias, é dicir, mazás das que medran no propio monte.)
Notas
Véxase tamén Bibliografía Barnes, Arthur. "Eulogia". The Catholic Encyclopedia. Vol. 5. Nova York: Robert Appleton Company, 1909. 24 Mar. 2012. http://www.newadvent.org/cathen/05603b.htm Arce, Agustín (1996): Itinerario de la virgen Egeria. Bilioteca de autores cristianos. Madrid. Novoa Portela, Feliciano (coord.) (2003): De Fisterra a Xerusalén. Exeria e os primeiros peregrinos cristiáns. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela.
Categoría:Relixión