O SEAT 1500 é un modelo de automóbil de turismo familiar, producido polo fabricante español SEAT entre os anos 1963 e 1972, con licenza da empresa Fiat. O modelo 1500 foi o sucesor do SEAT 1400 C, empregando a mesma carrocería, pero cun motor novo e certos detalles diferentes no deseño do velocímetro. O SEAT 1500 pertence ó segmento de vehículos con motor dianteiro, tracción traseira e 4, 5 ou 2 portas segundo as versións.

O motor orixinal de gasolina tiña 4 cilindros en liña, 1481 cc e producía 72 cabalos de potencia. Nas posteriores versións, o coche montou novos motores diésel. O motor diésel de 1767 cc producía 46 CV, e o motor diésel de 1988 cc ofrecía unha potencia de 55 CV.

O SEAT 1500, do cal se produciron 134.766 unidades, foi substituído en 1973 polo SEAT 132.

miniatura|250px|SEAT 1500 en Santiago de Compostela.|esquerda

Véxase tamén Ligazóns externas SEAT 1500 en MuseoSEAT.com

Categoría:Modelos de SEAT